Etiquetas Latexos de Ana

Mostrando entradas con la etiqueta Latexos de Ana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Latexos de Ana. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de agosto de 2024

ALEXANDRE BÓVEDA


                     
Bóveda , un home da terra
que engrandeceu letras,
que levou esencia galega
alén de calquer fronteira.

Bóveda, un home da vida
que sementou honra viva,
que deixou historia xunguida
ceibando toda barreira.

Alexandre Bóveda,
Galicia a túa bandeira,
a súa xente túa familia,
hoxe e sempre nosa estrela.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
17.Agosto 2024. Día da,Galicia Martir.

lunes, 4 de marzo de 2024

ESTAREI CON VÓS

 

A pesares do tempo que camiña,
con vós andará cada dís
un anaco da alma miña.

Aínda que sexa o tempo quen respira,
eu, dende esta fermosa Galicia
mandareivos co vento unha caricia.

Estarei con vós,
na luz da lúa e nas raiolas do sol.
Estarei con vós,
coa lembranza túa no meu corazón.

A pesares da fala que tanto aloumiña,
con vós soará unha melodía
que leva latexo de poesía.

Aínda que a terra semelle dormida,
eu, espertarei tamén en Arxentina
coa bandeira de ollada sempre viva.

Estarei con vós,
na luz da lúa e nas raiolas do sol.
Estarei con vós,
coa lembranza túa no meu corazón.

Estarei con vós,
e vós, no meu amor.
No meu amor, estaredes vós.

Derradeira emisión do programa Con Vós.
Unha tempada que non dí nunca adeus.
Seguimos por as redes se Deus quere, sen saber como.o destino tecerá, asique.....
GRATITUDE POR TANTO AGARIMO.
GRATITUDE POR CONFIANZA E MIMO.
GRATITUDE POR LUZ NO CAMIÑO
GRATITUDE PREZADO RAMÓN,.EVER E UNHA AUDIENCIA QUE ESTIVO, ESTA PARA FACERNOS SORRIR CUNHA APERTA QUE A DISTANCIA NON A FAI MENOS FRÍA.
GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS♡♡♡

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 25 de Febreiro do 2024.

martes, 13 de febrero de 2024

CAMIÑO DE MULLER

 

Con pedras atopadas ilusión constrúes,
cias fochancas tropezas e non te destrúes,
ti, muller,  que camiñas como podes
vas tecendo tantas pegadas
para que na terra quede camiño,
un camiño que leva o teu nome.

Cando chove amosas cancións núas,
da lúa e do sol sae esa gran luz túa,
ti, muller, traballas como sabes
para que tendendo as mans
no mundo prenda leal agarimo,
un agarimo que leva o teu nome.

Porque amas, choras, berras ou calas,
no que escribes, no que pintas, coses ou lavas,
en tantas cousas nese camiño de muller,
ti, sempre, sempre nos deixas aprender.

Porque cando hai malas, sae corazón que revive,
nas caidas levantas castelos que non afunden,
ti, muller, camiñas como debes
nese camiño sen barreiras que leva o teu nome,
un nome sen esquencer,
porque cada ser bebe o teu respiro,
un respiro que sementas no camiño.

Muller, tí es camiño
e nós, un anaco no que contigo..sorrimos.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 11 de Febreiro do 2024.

viernes, 9 de febrero de 2024

PORQUE TE QUERO

 

Hoxe escribo un pequeno poema,
pequenos versos poéticos
que saen do meu corazón,
para decirche en letras
que con virtudes e defectos
quérote coa alma chea.

Hoxe para tí van estas verbas
como tantas outras que sinto
porque a vida é un amor,
amor que non ten só olladas
senon atesourados momentos
que sementan estrelas ledas.

Hoxe, non me sae poesía,
somente sorrisos no dia a dia,
porque te quero,
porque me queres.
Si, poida que non digas
poida que non diga,
pero amosas.
Poida que non amoses
ou que non amose,
pero dígoche,
dígoche que te quero.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 4 de Febreiro do 2024.

miércoles, 31 de enero de 2024

138 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CASTELAO

 

Miñas donas, meus señores
hoxe en Rianxo estamos,
para un homenaxe sinxelo
con 138 anos de latexo sincero.
Miñas donas, meus señores
dende Taboada traio estas verbas,
verbas que ao ceo voan ceibes
sobre o noso mar e as nosas leiras.

Pequeno poema para honrar o valor
que ten a persoa de Castelao,
o mestre de Alba de Gloria,
o mestre de Lela,
o mestre que nos fai namorar,
o noso amigo, o noso irmán
Don Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

Miñas donas, meus señores
Galicia aluma máis cás estrelas,
por semente que bebe
de raíces verdadeiras,
Galicia ten ramas de lúa e sol
forxadas con alento de Castelao.

Castelao desas idas con dor,
desas voltas con suor,
desas fiestras con voz,
desas portas con amor.
Castelao
o irman da ilusión,
o amigo da razón,
Castelao, o de sempre.
Parabéns no teu día.
Sáude e terra!

Lela, lela
que Castelao escribiu,
para deixar en Galicia
corazón que tanto viviu.
Lela, lela
que Castelao escribiu,
para deixar en Galicia
alma que tanto sentiu.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 28 de Xaneiro do 2024.

Tamén van unhas verbas ao Concello de Rianxo.

R..ecuncho dunha Galicia fermosa
I..deal para bailar no son do ar
A..lentando vida que en paso amosa
N..esta alma túa, Castelao é lar
X..urdindo para ser escritura nosa
O..nde ti, Rianxo, es vila do seu amar.

Gratitude con agarimo. 

jueves, 25 de enero de 2024

APERTA


Hoxe vouche mandar
unha aperta de paz,
outra chea de ilusión
e moitas de corazón.

Hoxe vouche mandar
nestas letras un bicar,
unha caricia de mans
e miles de alentos co ar.

Aperta que tanto mereces
porque xamais esquences.

Hoxe vouche mandar
alento prá camiñar,
olladas cheas de cor
e axuda na túa dor.

Hoxe vouche mandar
anacos do meu fogar,
en palabras que falan
e na goteira que canta.

Aperta que eu sinto
porque ledicia hai contigo.

Aperta con alma,
alma nunha aperta.

Ana Vila Portomeñe.Poeta Labrega.
En Taboada a 21 de Xaneiro do 2024.

martes, 16 de enero de 2024

A NOSA XENTE


Os nosos galegos, as nosas galegas,
quenes xa son luz nas estrelas,
fixeron e fan da nosa lingua
un tesouro que xamáis mingua.

A nosa xente,
dos aturuxos nas leiras
das bágoas do mar.
A nosa xente,
que che da canto queiras
que abre os ollos e sorrí nese ollar.
Esa, é a xente de Galicia.

Os nosos galegos, as nosas galegas,
coidando cidades e aldeas,
traballando con sol e lúa
para unha vida eterna de lenda pura.

A nosa xente,
que vai ou ven
con raíz e rama dun bicar.
A nosa xente,
que dende o seu gran ser
acende amor e fogar.

Calquer lugar,
ten da nosa xente un camiño de ben,
contando tamén cunha rodeira túa.

A nosa xente, viste ó mundo con canto ten
legándoche co vento a pel súa.
A nosa xente,
esa xente de Galicia,
poida que sexa tamén a túa.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 14 de Xaneiro do 2024.

miércoles, 10 de enero de 2024

CONTIGO SEI

Contigo sei o que é vivir
no camiño da alma núa,
o baile das ramas vivas
e poido saber da man túa
como as augas fan cantigas.

Contigo aprendín 
como latexa o amor,
e como a amizade respira.

Contigo sei o que é sentir
a calor do sol,
como son as cores da lúa
e poido entender a máxia da vida
nunha ollada túa.

Contigo aprendín a ser feliz,
contigo sei ser feliz.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 7 de Xaneiro do 2024.
..HOXE FAI 74 ANOS QUE FINABA NA HABITACIÓN 202 DO HOSPITAL DO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES DON ALFONSO DANIEL MANUEL RODRÍGUEZ CASTELAO, PARA QUEN SEMPRE HAI UN BERRO DE AMOR NO CORAZÓN CON:
     VIVA GALICIA!         VIVA CASTELAO!
                  SAÚDE E TERRA! 

martes, 2 de enero de 2024

☆☆☆☆☆ANO TRAS ANO☆☆☆☆☆


Contigo
ainda que faga moito frío
sempre terei abrigo.
Contigo
hai luz en cada camiño
e un alento de aloumiño.

Ano tras ano,
pedindo o mesmo desexo,
se non te vexo
que lembres canto te amo.

Contigo
as fontes sementan no río
augas con bon asubio.
Contigo
a música acariña oídos
e unha ollada deixa bicos.

Ano tras ano,
pedindo o mesmo desexo,
se non te vexo
que lembres canto te amo.

Ano tras ano,
sempre ti..estás comigo.
Comigo,
sempre tes un sitio,
aínda que semelle distinto.
Comigo,
o corazón non está perdido,
porque........ ano tras ano....
sempre eu...estou contigo.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 31 de Decembro do 2023.
Derradeiro dia do ano 2023, no cal desexo para vós que...acabe ben e comencedes con bo pé o 2024, onde cada día, saúde e ledicia estén en vós. FONDA APERTA♡

sábado, 30 de diciembre de 2023

ONDE


Onde os soños dormen
sen tristes lembranzas,
e as ilusións voan
sen ansia de loubanzas.

Onde poder rir os que sofren
sen feridas por distancias,
e as cantigas soan
sen doídas inquedanzas.

Onde.....................................
onde todos os nomes
levan o corazón nas mans
e a verdade nas olladas.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En,Taboada a 24 de Decembro do.2023
Día de Noiteboa.
Mañá 25 día,de Nadal.
Nestas verbas van para todos e todas os mellores desexos de saúde, paz e ledicia.♡

jueves, 21 de diciembre de 2023

LEDICIA E TRISTURA


Hoxe ou quizáis onte
as ramas das árbores,
tocaron a miña fronte
somente para contar
que non hai río sen fonte
nin camiño sen ponte.

Ledicia de sur a norte
en tempos de festa,
onde tamén a tristura
fica nas fiestras.

Estamos en Decembro,
desexos a flor de pel,
lembranzas de ausencia
e doces con sabor a mel
que nos trae presencia.

Ledicia e tristura
para gusto de cada quen,
onde a luz sente soidade
daquela xente que non ten ninguén
e de fogares con felicidade.

Reflexións, pensamentos positivos,
ledicia e tristura,
en cada recuncho cantares
e noutros bágoa que non cura
ou apertas que de lonxe bican.

Ledicia e tristura
namentres, eu dou grazas
por este presente, tamŕn por pasado,
un pasado que fixo o destino,
un presente que eu vivo,
e vivo grazas a vós.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 17 de Decembro do 2023.

miércoles, 6 de diciembre de 2023

A VIOLENCIA



Cando nacemos, nada di que seremos,
somente o destino fai pasos no camiño.
Persoas somos, con valor, con medo, con soños, ilusión, con pasado do que vimos
e con feitos dos que vivimos.

A violencia, son eses velenos
que matan todo o que sabemos,
afastan fogar querido
traendo mundo ferido.
Violencia, palabra que maltrata
en calquer ser, en calquer data.
A violencia é luz que acendemos
para ser escuridade que temos.

Non hai porqué, non hai cando, 
non hai onde, non hai para qué.
Cando padecemos, nada dí que salvaremos
somente o destino ten no libro 
como existimos.

A violencia, veleno que no mundo vemos,
violencia, non hai porqué, non hai cando, 
non hai onde, non hai para qué, non hai quen nin a quen.
A violencia é porta que atendemos
e o abrila ou cerrala,
ningún motivo custa
o que unha vida vale.

Se o que hai non che gusta
da media volta e vaite,
vaite con bondade non con maldade,
porque como din.......todo volve.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada ou en calquer outro lugar,  REXEITO TODO TIPO DE VIOLENCIA.

jueves, 30 de noviembre de 2023

ANGEL


O teu nome prezado amigo
xa di todo,
de ti saia tanto agarimo
que chegaba eiquí e aló.

Partiche con nobleza e honra
xamáis só 
deixas pegada no camiño
con milleiros de feitos bos.

Angel, as bágoas sairon,
hai dor,
nada será esquencido
por amor.

Partiche así, nunha hora
que o destino creou,
e dende ese novo brillo
Galicia no ceu falou.

Falou prezado Angel
ao carón dos nosos,
na alma das nosas
por mar e na terra que ves.

Angel, prezado amigo
estas verbas con gratitude e lembranza

Saúde e terra !

Poema adicado a Angel Anes, xunto con familia e amizade en sinal de sinxelo homenaxe. D.E.P ☆♡

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 26 de Novembre do 2023.

sábado, 18 de noviembre de 2023

CONTIGO, SOMENTE QUEDA AMOR


Van pasando os dias
con cada momento
lévote no pensamento.

Tanto alento que me das,
tanto camiño que fas
alonxando sofremento
quedando somente amor.

Cada verba que me dis
do teu pensamento
soa un latexo contento.

A vida das túas mans,
sementa por onde vas
floreando bo sentimento
coa raiz do teu amor.

Amor que enche fogar.
Amor que xamais se vai.

O teu amor, meu amor
medra na terra e no mar.

Contigo, somente queda amor.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 12 de Novembro do 2023.

miércoles, 15 de noviembre de 2023

PASO A PASO


Paso a paso
vainos levando lonxe a vida,
atopando no noso camiño
aquilo que perdéndose non foi perdido.

Temos ao carón
semente de corazón,
latexos feitos ilusión
e alentos con emoción.

Paso a paso
ábrense portas ben amigas,
deixando fora do postigo
milleiros de momentos sen sentido.

Somos unha canción
de anterga composición,
diferente paixón
e sons cheos de amor.

Paso a paso
toda estrela que brilla,
danos ese agarimo
que sendo escuridade, está vivo.

Paso a paso,
o que se veu conseguindo
non ten meta, é destino.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 29 de Outubro do 2033.
Con Ramón Suárez retransmitindo dende unha cafeteria da Coruña, despois de participar por a mañá, na carreira máis bonita do mundo, a 44 carreira pedestre popular de Santiago de Compostela, e chegando á meta moi ben, eso si, un pouco mollado por a choiva. Parabéns Ramón e grazaz Ever por facer boa a transmisión.

TEMPOS DE GUERRA


As luces que alonxan escuridade
xa non soan con ilusión,
as voces sotérranse
e chora o corazón.

Os camiños que levan liberdade
xa non acariñan con amor,
as olladas péchanse
e ábrese a dor.

Tempo de guerra
que desfai ceo e terra,
por alguén que dí
dispara por mín.

Os fogares que abrigan soidade
xa non teñen calor,
as persoas íspense
con lúa e sol.

Tempo de guerra
que no mundo cega,
por alguén que di
o que non sabes ti.

Baixo inxustiza e desigualdade
amósase a sin razón,
crendo arranxarse
problemas sen solución.

....Qué as guerras deixen xá de existir!!!!

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada a 5 de Novembro do 2023.

viernes, 27 de octubre de 2023

FELIZ BENVIDA

 

A tí, que tes unha vida
lonxe da propia terra,
hoxe, feliz benvida
onde o teu agarimo latexa.

Es eterna luz que brilla
en cada lugar que chegas,
deixando tamén algarabía
nos pasos de cidade ou aldea.

Darche unha feliz benvida
no meu corazón honra medra,
por cada feito de valentía
que con aprezo no mundo aleda.

A tí, que hoxe estás en Galicia
grazas por forxar sincera aperta,
a ti, que ves dende Arxentina
grazas por ser amor de porta aberta.

Feliz benvida Ramón
e ánimo para esa carreira
que deseguro será como desexas.
Grazas por deixarme compartir ao teu carón , un anaco de Con Vós.

Ana Vila Portomeñe.Poeta Labrega.
En Taboada a 21 de Outubro do 2023.

lunes, 16 de octubre de 2023

NAI ARXENTINA


O teu cabelo é un Rio de Prata
que baila cando acariñas,
o teu ollar ten alfajores de nata
con dozura para axudar,
o teu regazo ten cores
que se ven dende Aconccagua.

Nai do meu ser, 
nai de tanto querer,
nai que tanto me fas ter,
nai sempre, sol e lúa
con latexos da alma túa.

A túa vida nai amada
brilla para que non falte nada.

Nai, flor de ceibo
alento de cada feito.
Nai, somente unha
e coma ela ningunha.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 15 de outubro do 2023.
Con moito agarimo para as nais arxentinas, por ser hoxe o día da Nai en Arxentina.
Tamén para mulleres rurais xa que o 15 de outubro celébrase o seu día. Grazas

sábado, 14 de octubre de 2023

PERDOA


Perdoa
se che falto cando mais me necesitas,
sinto mancarte
cando non dou axudado.

Perdoa por todo, as veces non poido,
outras non poido aínda querendo.

Perdoa se non estou cando precisas,
sinto deixarte
nise intre tan chorado.

Ti...que foche acadando tanto, tanto,
sinto alonxarte,
e a miña man pechada
non abrazarte.

Perdoa por todo, as veces non poido,
non poido ainda querendo.

Perdoa cando falas das loitas,
sinto ollarte
sin curarche o pelexado.

Perdoa por esta vida dada,
as veces, todo non é nada...
e outras...da nada pódese con todo.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada a 8 de Outubro do 2023.