martes, 2 de enero de 2024

☆☆☆☆☆ANO TRAS ANO☆☆☆☆☆


Contigo
ainda que faga moito frío
sempre terei abrigo.
Contigo
hai luz en cada camiño
e un alento de aloumiño.

Ano tras ano,
pedindo o mesmo desexo,
se non te vexo
que lembres canto te amo.

Contigo
as fontes sementan no río
augas con bon asubio.
Contigo
a música acariña oídos
e unha ollada deixa bicos.

Ano tras ano,
pedindo o mesmo desexo,
se non te vexo
que lembres canto te amo.

Ano tras ano,
sempre ti..estás comigo.
Comigo,
sempre tes un sitio,
aínda que semelle distinto.
Comigo,
o corazón non está perdido,
porque........ ano tras ano....
sempre eu...estou contigo.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 31 de Decembro do 2023.
Derradeiro dia do ano 2023, no cal desexo para vós que...acabe ben e comencedes con bo pé o 2024, onde cada día, saúde e ledicia estén en vós. FONDA APERTA♡

No hay comentarios:

Publicar un comentario