miércoles, 31 de enero de 2024

138 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CASTELAO

 

Miñas donas, meus señores
hoxe en Rianxo estamos,
para un homenaxe sinxelo
con 138 anos de latexo sincero.
Miñas donas, meus señores
dende Taboada traio estas verbas,
verbas que ao ceo voan ceibes
sobre o noso mar e as nosas leiras.

Pequeno poema para honrar o valor
que ten a persoa de Castelao,
o mestre de Alba de Gloria,
o mestre de Lela,
o mestre que nos fai namorar,
o noso amigo, o noso irmán
Don Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

Miñas donas, meus señores
Galicia aluma máis cás estrelas,
por semente que bebe
de raíces verdadeiras,
Galicia ten ramas de lúa e sol
forxadas con alento de Castelao.

Castelao desas idas con dor,
desas voltas con suor,
desas fiestras con voz,
desas portas con amor.
Castelao
o irman da ilusión,
o amigo da razón,
Castelao, o de sempre.
Parabéns no teu día.
Sáude e terra!

Lela, lela
que Castelao escribiu,
para deixar en Galicia
corazón que tanto viviu.
Lela, lela
que Castelao escribiu,
para deixar en Galicia
alma que tanto sentiu.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 28 de Xaneiro do 2024.

Tamén van unhas verbas ao Concello de Rianxo.

R..ecuncho dunha Galicia fermosa
I..deal para bailar no son do ar
A..lentando vida que en paso amosa
N..esta alma túa, Castelao é lar
X..urdindo para ser escritura nosa
O..nde ti, Rianxo, es vila do seu amar.

Gratitude con agarimo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario