jueves, 28 de abril de 2022

FIESTA XCVII ANIVERSARIO DEL CENTRO CANGAS DEL NARCEA

 El próximo día 29 de mayo, celebraremos el 97 aniversario de nuestra institución, con un almuerzo a realizarse a las 13:30 horas en los salones de nuestra sede social                                                       Beruti 4643 Capital Federal.

Menú: Fiambres surtidos- Paella o Pollo al verdeo (para los que no comen Paella)-Vino-Gaseosa-Helado
Con su Tarjeta se sorteará un Jamón Crudo (Gentileza de Frigorífico El Bierzo) Serie: 2200


lunes, 25 de abril de 2022

POEMA AO AMOR


Disme que escriba un poema de amor,
non podo escribilo,
o amor é poema
en tódalas letras.

Disme que diga un poema de amor,
non podo decilo,
o amor é lema
en tódalas veas.

Disme que escriba un poema de amor.
Disme que diga un poema de amor.

Non podo escribilo nin decilo,
o amor é vida,
a vida música,
a música poesía
e a poesia o latexo.

Disme que escriba un poema de amor.
Disme que diga un poema de amor.

Non podo escribilo nin decilo,
o amor é poesía,
a poesia única,
única a súa caricia
e caricia o sentido.

O amor nun poema es ti.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 24 de Abril de 2022.


lunes, 18 de abril de 2022

VIVE

As horas van pasando,
e con elas levando
o que vas tocando
se non o vas gardando.

Os momentos chorados,
non cantan nadando
o que vas calando
se non o vas secando.

O sentir amado,
non baila deixando
o que vai chegando
se non o vas coidando.

A vida vai acabando,
e con ela olvidando
se non deixas legado
que viva conservando.

Vive disfrutando,
sorrindo, recordando,
querendo, sementando.
VIVE.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 17 de Abril de 2022.
Domingo de Pascoa.

domingo, 10 de abril de 2022

HOME

Sempre foches o suor
que se vía no laborar,
pero tamén es canción
no tempo de descansar.

Ten o teu corpo valor
na forza do ensinar,
como tamén o calor
nas horas de namorar.

As veces a túa emoción
amósala no falar,
e bailas co corazón
cando precisas calar.

A túa agochada paixón
non debe nunca mancar,
e tampouco debe a dor
entristecer teu camiñar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 10 de Abril de 2022
        (Domingo de Ramos)


domingo, 3 de abril de 2022


CALDO DE ÓSOS

Nunha lareira
entre paredes de pedra,
o chan de terra
ollaba o pote nunha angarela.

Na corte barullo de festa
os animais agardando desfeita,
tempo de matanza
de despedida e xuntanza.

Comida caseira
de bágoas e risas enchendo despensas,
saíndo bos arumes
por portas e fiestras.

Homes e nenos
no carro o porco suxeitan,
despois da morte, ven a queima
namentres o sangue aproveitan
para filloas e morcillas.

Mulleres e nenas
as tripas desenlizan,
lavá dendoas despois no río
e quedar así ben limpas
para embutir chourizos
ou comelas cocidas.

Ata o día seguinte
o porco agarda
colgado nos chamberiles
para facer a salga
despois da parta.

Cando isto case remata
empeza o festin do caldo de ósos,
onde vai a soá
mesturada con garavanzos e pataca,
un chisco de sal
un refrito e...ben rico que está!

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 3 de Abril de 2022
Poema para a XXX Festa do Caldo de Ósos de Taboada ( Lugo) Galicia
Celebrada este mesmo domingo 3 de Abril e da cal tiven a honra de ser pregoeira. Grazas.