jueves, 21 de diciembre de 2023

LEDICIA E TRISTURA


Hoxe ou quizáis onte
as ramas das árbores,
tocaron a miña fronte
somente para contar
que non hai río sen fonte
nin camiño sen ponte.

Ledicia de sur a norte
en tempos de festa,
onde tamén a tristura
fica nas fiestras.

Estamos en Decembro,
desexos a flor de pel,
lembranzas de ausencia
e doces con sabor a mel
que nos trae presencia.

Ledicia e tristura
para gusto de cada quen,
onde a luz sente soidade
daquela xente que non ten ninguén
e de fogares con felicidade.

Reflexións, pensamentos positivos,
ledicia e tristura,
en cada recuncho cantares
e noutros bágoa que non cura
ou apertas que de lonxe bican.

Ledicia e tristura
namentres, eu dou grazas
por este presente, tamŕn por pasado,
un pasado que fixo o destino,
un presente que eu vivo,
e vivo grazas a vós.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 17 de Decembro do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario