domingo, 25 de septiembre de 2022

NON SE ANAGOU A VIDA


Cando fixeron as presas dos ríos
anagáronse moitos asubíos,
de casas e labradíos
que estaban cheos de vida.

Aqueles tempos tan doídos
conservan en sí escondidos,
historias de eternos suspiros
que falan cheos de vida.

Hoxe asoman ás veces os fíos
daqueles valentes camiños,
onde cantaban moi queridos
aletos cheos de vida.

Anagos de choros sentidos
son recordos aínda vivos,
de quenes fixeron latidos
que non anagou a vida.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 24 de Setembro do 2022.
....
Frase escrita hoxe cos mellores desexos para todos e todas :
" Na morte, non se vai a vida ".

lunes, 19 de septiembre de 2022

POEMAS DE ANA VILA PORTOMEÑE A MARCIAL MOUZO Y SALETA GOI GARCÍA

 A MARCIAL MOUZO


M.edra no camiño infinda ilusión
A.o carón da túa prezada labor
R.eflexando pola radio gran valor
C.on verbas verdadeiras, soño e paixón
I.nformando e tamén tecendo canción
A.lí ou eiquí que con ledicia e algunha dor
L.egas a través das ondas unha cultura  de lúa e sol.

M.oitas grazas Marcial por cada ocasión
O.nde a sorte de escoitarte ou verte agasalla cor
U.lindo, tocando ou saboreando ise amor
Z.urcindo na verdade dos corazóns
O.rgullo desta Galicis que ten a túa voz.

___________________________________

PEQUENAS VERBAS A SALETA

No pasamento de Saleta Goi Garcia
tódolos carros botaron o seu asubio,
para soar dende a terra chá un canto vivo
ao carón dos latexos de Manuel María.

Hoxe Saleta, xá é a única estrela
que seu amado escribiu nun poema,
e....para herdanza da terra galega
es muller que na cultura alumarás  eterna.

Fonda aperta para familia e amizades,
gratitude por os teus feitos e ansiedades.

__________________________________
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 18 de Setembro de 2022.
(Mes chamado tamén de San Miguel en Galicia)

lunes, 12 de septiembre de 2022

MENTIRAS

 

As mentiras son realidades
si, desas realidades que deixan dor,
dor, dunhas irrealidades
nas máscaras dunha amargada cor.

As tantas falsas verdades
amosadas en feitos e na voz,
legan esas irresponsabilidades
agardando enganar a razón.

As mentiras son alentos pensantes
de quenes non sinten o corazón,
de quenes teñen somente maldades
por non ser alma con leal son.

As tantas falsas verdades
escritas dos feitis e por voz,
medran con tantas ilegalidades
que permiten vivir da ilusión.

Dunha ilusión con mortandades
que secan alentos de amor,
anubrando familia e amizades
que latexan para un mundo mellor.

As mentiras...son unha realidade sen verdade,
dunha responsabilidade que as persoas ...non queremos ter.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 11 de Setembro do 2022.

(Feliz dia dos mestres e mestras en Arxentina, grazas por ensinarnos a ler, escribir, números, etc  e por facer que tamén a educación no fogar xunto co voso alento a dia de hoxe no mundo perdure tamén o respeto e a cultura.)

martes, 6 de septiembre de 2022

CENTRO GALICIA

C ontan que hai polo mundo
E ncontros de persoas galegas
N ovelando historias cada segundo
T ecendo soños de mar e terra
R indo e chorando a miúdo
O rgullosas das verdades e lendas.

G alicia lévana nas veas
A o carón dun camiño profundo
L ibres coma as nosas letras
I nfindas como meigas e bruxos
C antando morriña por ela
I goal ca fan os aturuxos
A lentando vida sempre dela.

Para todos os centros galegos
que atesouran os nosos latexos.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 4 de Setembro do 2022.