viernes, 30 de diciembre de 2022

DESEXO EU PARA VÓS

Nestas datas
saúde, ledicia e paz
desexo eu para vós.
Que cada palabra
agarime a vosa espalda,
que cada letra
axude no voso fogar.

Nestas datas
non esquenzades amar,
dígovos eu con valor.
Nestas datas
que ninguén sinta soidade,
pido eu sen temor.

Que soe música con alma
ao carón da vosa andaina,
que a luz sexa limpa e crara
cun sorriso no ollar.

Nestas datas, un fermoso Nadal
desexo eu para vós.

Que veña o que deba chegar
que se vaia o que teña que marchar,
que a soidade non exista xamáis
e ningunha guerra poida comenzar.

Nestas datas e sempre
unha aperta grande, grande vos vai
e milleiros de grazas por estar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 25 de Decembro do 2022.

Para todos e todas, porque dende o ceo temos quen nos aluma aínda que non este na mesa. Ánimo de todo corazón e moita felicidade en cada novo día.

domingo, 18 de diciembre de 2022

QUERIDA ARXENTINA


Querida Arxentina
tes dentro morriña,
desas aloumiñas
forxadas en Galicia.

Sorrí, sorrí Arxentina,
non teñas medo a sofrir,
porque a túa xentiña
ten valor, coraxe e sentir.

Sorrí, sorrí Arxentina,
que brillas no camiñar
onde o teu amar
bica alén do mar.

Querida irmá Arxentina,
cada ollada agarima,
cada verba asubía
na túa irmá Galicia.

Sorrí, sorrí sempre Arxentina,
que Galicia está en tí
e tí estás con nós.

Sorrí, sorrí sempre Arxentina
que en Galicia respiras.

Ana Vila Portomeñe. Poeta  Labrega.
Taboada a 18 de Decembro do 2022.
Día no que Arxentina gañou o mundial de fútbol contra  Francia. Parabéns

jueves, 15 de diciembre de 2022

FARÁ QUE VOLTES


Podes as miñas verbas non escoitar,
os meus alentos a túa pel non acariñar,
cada ánimo que che mando, non chegar
e cada bágoa solta e apresada nas mans
non ter poder para ser o teu espertar.

Pero sei..sinto o teu bravo latexar.
O mesmo latexo da terra que mancamos.
O mesmo latexo amiga miña.

Porque tí sempre es amiga
miña terra queridiña.

O mesmo latexo que tanto coidamos
fará que voltes amiga miña,
fará que voltes máis forte.

Porque ningún lume, será a túa morte,
tí voltarás amiga miña
a ser a verde Galicia,
a grandeza que cada dia é alentar,
tí, Galicia, lugar que amamos.

lunes, 5 de diciembre de 2022

O LUGAR MÁIS FERMOSO PARA MIN


Onde sempre podo chorar e sorrir
sen apagar ningún feito ou sentir.

Onde aínda hai cinzas dun ir e vir
e nas fiestras reflexos do candil,
está o lugar máis fermoso para mín,
orgullosa de podelo compartir,
honrada de que esteas xunto a mín
para novos latexos deixar seguir.

O lugar máis fermoso para mín,
onde xamais hai que calar ou finxir
tecendo momentos que non teñan fin.

Onde tamén hai hora sabendo sofrir
e nas portas apertas de mandil,
está o lugar máis fermoso para mín 
orgullosa de quenes creeron en mín,
honrada de tanto amor sen fuxir
para novos alentos deixar sair.

Onde onte, hoxe e igoal mañá sí
está o fogar forxado por ancestros
...que viviron e viven en mín.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 4 de Decembro do 2022
( Nota: o mes de Decembro en Galicia tamén se lle chama mes de Nadal)

sábado, 3 de diciembre de 2022

25 de Novembro


Cada vintecinco de Novembro
está cargado de valor e medo,
medo por quen xa non ten soños
e valor por quen os esperta cedo.

Cada vintecinco de Novembro
no mundo rexéitase a violencia,
con lazos violeta e algún negro
onde non ten acougo a paciencia.

Cada vintecinco de Novembro
alentos imos no camiño tecendo,
pero eu sempre lembrei e lembro
que cada segundo é latexo eterno.

Vintecinco de Novembro
tí, eu, por a mesma man,
tí, eu, na mesma ollada.

Vintecinco de Novembro
ti, eu, dun mesmo amar,
ti, eu, coa mesma alma.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 25 de Novembro do 2022.
 OGALLÁ NON EXISTA MALTRATO