lunes, 31 de julio de 2023

♡♡ DIA DA NOSA GALICIA ♡♡


Baixo un ceo estrelado
un camiño sacro,
a Compostela vai achegando
distintos mundos cada paso.

Dos escritos pasados
Rosalia de Castro, Castelao,
Emilia Pardo Bazán ou Manuel María
amosaron a nosa fermosa lingua.

Hoxe día grande, día de Galicia,
festa, homenaxe e misa,
soar das campás, poesía
con fontes e ríos unha terra viva.

Hoxe galegos e galegas, Rosalia.
Hoxe cada lugar, Galicia.

Tesouro ben legado
entre pedras consagrado,
fáille a Compostela tellado
por mar e leiras forxado.

Rosalía, poeta xamais esquencida.
Castelao, irmán " das cousas da vida"
A terra chá de Manuel María,
e os Pazos de Ulloa da gran Emilia.

Tanto temos en Galicia.

Hoxe, día do Santiago Apóstolo,
Os soños na Gaiola son liberdade
e A nai natureza sementa verdade,
para que Sempre en Galicia
As Follas Novas teñan bondade.

Hoxe día de Galicia
orgullo de Rosalía,
mañá, día e noite Galicia
e honra de sentila.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 25 de Xullo do 2023.
♡♡Con eterna gratitude, por darme a ledicia de recitar este poema no acto homenaxe a Rosalia na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Umha honra.♡♡

jueves, 27 de julio de 2023

A TÚA AMIZADE

  

Luz na escuridade,
man de igualdade,
eso é  para min  
a túa amizade.

Arranxando malos momentos,
amansando sofrementos,
aturando tantos pensamentos,
así es tí comigo.

Teito con seguridade,
rúas sen maldade,
onde as fronteiras
deixan liberdade.

Forxando bos sentimentos,
valorando montóns de feitos,
soñando coas barreiras
que van xunguindi verdade.

A túa amizade é un tesouro
que ten acougo
e tamén o seu apuro.
A túa amizade,
lugar seguro,
como froito maduro
cun latexo puro.

Así, contigo, ao carón
ou lonxe,
a túa amizade unha razón
para hoxe.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 23 de Xullo do 2023.
Poema adicado especialmente a todas as persoas arxentinas no dia do amigo, celebrado alí o día 20. Apertas 

viernes, 14 de julio de 2023

CHOCOLATADA PATRIA

 


Patria onde nacín,
camiños con sabor a latín,
arumes que falan de ti
e luces que non teñen fin.

Patria que chora e ri,
airiños que chegan a mín,
xente de ir e vir
e fogares para ben vivir.

Patria onde nacín,
augas que moito din,
paisaxes de non e de si
e alentos para sentir.

Hoxe e sempre
miña patria Arxentina,
vai dende Galicia
da túa irmá galega
aperta que non se perde.

Feliz chocolatada patria.
Feliz liberdade
e feliz queimada da matria.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 9 de Xullo do 2023.

jueves, 6 de julio de 2023

ATLÁNTICAS

Unha honra estar ao carón
das mulleres de terra e mar,
formar parte desas olladas
que Adrián foi quen de mostrar.

Un orgullo no latir do corazón
das mulleres e do seu gran amar,
soñar con fogares, leiras e ondas
nestas fotos que son un camiñar.

Atlánticas, que foron e son.
Atlánticas, arar e sementar.
Atlánticas, ficaron, marcharon.
Atlánticas, morrer e resucitar.
Atlánticas, caeron, levantaron
unha vida, un legado.
As nosas Atlánticas.
Bàgoa e sorriso das mulleres galegas.

Poema adicado para a Exposición de Atlánticas no Museo do Pobo Galego que se inaugurou o venres 30 deXuño do 2023. Fotografías de ADRIÁN BAÚLDE. GRAZAS 
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 30 de Xuño do 2023.