viernes, 26 de mayo de 2023

LINGUA GALEGA

Estás na voz
para que non cales,
quérote na miña escrita
onde co mundo fales.

Levas valor no vento
a lugares onde tes morriña,
e coas verbas do alento
sementas eterna aloumiña.

Lingua pai, lingua nai,
lingua da terra e do mar,
por onde ti vas,
es alma, es fogar.

Raices e ramas
en todo aquilo que amas,
es ti dunha Galicia
que nin sol nin choiva apagas.

Camiño de sentimento
en cidade ou aldea,
que tamén no tormento
latexas ti, lingua galega.

Lingua pai, lingua nai,
lingua da terra e do mar,
por onde ti vas,
es alma, es fogar.

Estás na miña voz
porque presumo de entenderte,
e sinto honra
honra de saberte.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 21 de Maio do 2023.
Homenaxe as Letras Galegas que se celebran o día 17 de Maio. ♡





martes, 16 de mayo de 2023

TANTAS VECES E MOITAS MÁIS

 

Tantas, tantas veces
pensando que as ilusións
se perderon nos sentidos
e nos ollos afogan decisións
que non tiveron agarimo.

Tantas, tantas veces
crendo que as emocións
ían facendo camiño
e coas mans voan cancións
que non tiveron un oido.

Tantas veces e moitas máis
que a conta non sae xamáis.

Tantas, tantas veces
forxando miles de situacións
para un sorriso dos seres queridos
e no corazón fala o destino
que di non esquenzas aloumiño.

Tantas, tantas veces
levando nas costas decepcións
para que siga cada motivo
e na alma...
....un mundo sempre compartido.

Tantas veces e moitas máis
que a conta non sae xamáis.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 14 de Maio do 2023.

domingo, 14 de mayo de 2023

CANTARES DE IBEROAMÉRICA-TRIBUTO A LA MÚSICA DE PORTUGAL, ESPAÑA E IBEROAMÉRICA


 Vení a disfrutar de los mejores ritmos latinoamericanos , de España y Portugal en un solo lugar. Acompañados de los artistas que te esperan para vivir una experiencia inolvidable en vivo. Cantantes:  Liliana Vigo Lima (mezzosoprano), Víctor Betinotti (Tenor), Gabriel Rabinovich  (baritono) Músicos: Adrian Crocce (Percusión), Paola Corti (cello), Margarita Dounaeva (Piano),  Gabriel Olaizola (Guitarra - charango) y Pablo Goldstein (Acordeón - flauta) Bailarinas: Mariana Fernandez y Mabel Ricci. Artistas invitados. Dirección General: Victor Bettinotti

Te esperamos el domingo 28 de mayo a las 17.00 h en el Teatro  Empire, Hipólito Yrigoyen 1934 - CABA
Aprovechá a sacar tu entrada anticipada a un valor de $2.000
 
http://www.alternativateatral.com/obra83283-alma-de-espana-presenta-cantares-de-iberoamerica o  en la boleteria del teatro martes y jueves a partir 16.00 hs
O llamando a la boletería del teatro al ☎️4953-8254

DANZAS TÍPICAS DE OCHO AUTONOMÍAS ESPAÑOLAS

 


ÁNGELES RUIBAL - FOLKLORE ARGENTINO Y POESÍA HECHA CANCIÓN

 


lunes, 8 de mayo de 2023

NAICIÑA DO CORAZÓN


Hoxe quero decirche miña naiciña
que te amo día a día,
unha parte dos latexos soan contigo
e outra parte son tantas horiñas
que xuntas fixemos bailar.

Naiciña do corazón
sempre pensando en mín,
arando nas túas entrañas
alentos que non teñen fin.

Hoxe quero decirche miña naiciña
que es terra de valentía,
anacos do camiño que pisan contigo
e outros anacos son tantas folliñas
que enraizan có teu andar.

Naiciña do corazón
sempre coidando de mín,
tecendo noites e mañáns
as caricias que aman sen fin.

A tódalas nais e tamén para avós, avoas e pais que foron, son e serán dalgún xeito tamén nais.
Grazas no día da nai en España que se celebra sempre o primeiro domingo do mes de maio.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 7 de Maio do 2023.

jueves, 4 de mayo de 2023

AS ALDEAS DA MEMORIA


Aldeas onde nacemos
lémbranse dun pasado,
con anacos de soños
e camiños ben enfíados.

Temos hoxe connosco
a Baldo Ramos,
que nos irá contando
do que foi tan amado.

Soa cada melodía
nas fotos dun arado,
e as palabras de Baldo
váise tornando poesía.

A memoria das aldeas
sempre estará viva,
namentres fogares e leiras
teñan unha vida.

Vida como a que o escritor Baldo Ramos, a música de Manuel Panferreteiroe as fotos de Ignacio Castro "Nachok"... amosaron en Taboada, nun evento onde presentei a súa actuación sobre o libro As aldeas da memoria. Editado pola Deputación de Lugo, e que grazas a ela, ao concello de Taboada e a Asociación Mulleres Rurais Landra de Taboada, tivo lugar o sábado 28 de Abril do 2023. 
Poesía para dito acto.
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.