lunes, 27 de marzo de 2023

ARXENTINA NO CORAZÓN

 

Arxentina,
que levas no corazón
latexo de música galega
e alento de eterna paixón.

A memoria fala da verdade,
a xustiza atesoura ilusión
e a bandeira que por vós ondea
sabe facelo en cada ocasión.

Arxentina,
terra de moito valor
onde tamén cada aldea
sementa camiños de cor.

Arxentina,
auténtica terra de suor
onde con vós acariñan lendas
que emigraron coa nosa voz.

A memoria deixa lealdade,
a xustiza amosa emoción
e o vento que zoa a súa maneira
sentindo Galicia no corazón.

Arxentina,
hoxe ti, hoxe nós
e sempre no corazón.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 26 de Marzo de 2023.

lunes, 20 de marzo de 2023

♡DIA DO PAI♡

Neste día de ilusión
comparto con vós,
a fermosa felicitación
que merecen os pais.

Pais que moito traballaron
para deixarnos un legado,
pais que as veces erraron
por o moito que amaron.

Neste dia de emoción
comparto dende Galicia,
un alento de valor
para os pais que alumían.

Pais que verdade forxaron
para cada feito respetado,
pais que tamén choraron
por quenes foron enterrando.

Neste día do pai
para todos eles vai,
unha aperta por o ar
de quen tamén é nai.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 19 de Marzo do 2023.
"Dia de San José" 
"Día do pai en España"
          ♡PARABÉNS♡

VERDBENA INTERNACIONAL EN VEDRA

 


miércoles, 15 de marzo de 2023

AUGA E VIÑO

 

Din que a auga
desfai os camiños,
verdade e lenda
nos feitos e libros.

Din que con pan e viño
se vai facendo camiño,
verdade e lenda
de amigas e amigos.

Auga e viño
sendo agarimo,
da vida galega
no mar e na terra.

Auga e viño
teñen sentido,
da lingua galega
no mar e na terra.

Din que a auga
levas os suspiros,
da xente labrega
nos seus asubíos.

Din que cun grolo de viño
se tecen os amoríos,
das ondas e leiras
baixo estrelas e sorriso.

Auga e viño
valor seguido,
lealdade sen fenda
no tempo vivido.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 12 de Marzo do 2023.

viernes, 10 de marzo de 2023

COMO DECIRCHE AMOR

 

Como decirche amor,
como che digo,
que téndote ao meu carón
o mundo está máis vivo.

Non sei meu amor
demostrarche camiño,
e coa miña voz
que sintas cada aloumiño.

Quixera ser a forza do vento,
a eterna luz do sol,
ise brillo das estrelas e da lúa
e o tempo cheo de valor.

Quixera ser ise sentimento
que fai latir ó corazón,
cada segundo da vida
sen ter gotas de sofremento.

Como decirche amor
como che digo,
que eres fogar do meu son
onde ainda hai sentido.

Non sei meu amor
amosarche agarimo
e coa miña voz
revivirte no destino.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 5 de Marzo do 2023



domingo, 5 de marzo de 2023

SANTIAGO MOLINA PRESENTA DISCO

 Vení a disfrutar en vivo de la verdadera Música Celta!!

Te invito a la presentación de mi disco en la mejor sala de conciertos de la ciudad de Buenos Aires ♥
Te espero ☺♥
🗓 Miercoles 5 de Abril 20hs
🗺 Café Berlín (Av. San Martin 6656 - CABA)
🎟 Por livepass