sábado, 30 de diciembre de 2023

ONDE


Onde os soños dormen
sen tristes lembranzas,
e as ilusións voan
sen ansia de loubanzas.

Onde poder rir os que sofren
sen feridas por distancias,
e as cantigas soan
sen doídas inquedanzas.

Onde.....................................
onde todos os nomes
levan o corazón nas mans
e a verdade nas olladas.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En,Taboada a 24 de Decembro do.2023
Día de Noiteboa.
Mañá 25 día,de Nadal.
Nestas verbas van para todos e todas os mellores desexos de saúde, paz e ledicia.♡

jueves, 21 de diciembre de 2023

LEDICIA E TRISTURA


Hoxe ou quizáis onte
as ramas das árbores,
tocaron a miña fronte
somente para contar
que non hai río sen fonte
nin camiño sen ponte.

Ledicia de sur a norte
en tempos de festa,
onde tamén a tristura
fica nas fiestras.

Estamos en Decembro,
desexos a flor de pel,
lembranzas de ausencia
e doces con sabor a mel
que nos trae presencia.

Ledicia e tristura
para gusto de cada quen,
onde a luz sente soidade
daquela xente que non ten ninguén
e de fogares con felicidade.

Reflexións, pensamentos positivos,
ledicia e tristura,
en cada recuncho cantares
e noutros bágoa que non cura
ou apertas que de lonxe bican.

Ledicia e tristura
namentres, eu dou grazas
por este presente, tamŕn por pasado,
un pasado que fixo o destino,
un presente que eu vivo,
e vivo grazas a vós.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 17 de Decembro do 2023.

miércoles, 6 de diciembre de 2023

A VIOLENCIA



Cando nacemos, nada di que seremos,
somente o destino fai pasos no camiño.
Persoas somos, con valor, con medo, con soños, ilusión, con pasado do que vimos
e con feitos dos que vivimos.

A violencia, son eses velenos
que matan todo o que sabemos,
afastan fogar querido
traendo mundo ferido.
Violencia, palabra que maltrata
en calquer ser, en calquer data.
A violencia é luz que acendemos
para ser escuridade que temos.

Non hai porqué, non hai cando, 
non hai onde, non hai para qué.
Cando padecemos, nada dí que salvaremos
somente o destino ten no libro 
como existimos.

A violencia, veleno que no mundo vemos,
violencia, non hai porqué, non hai cando, 
non hai onde, non hai para qué, non hai quen nin a quen.
A violencia é porta que atendemos
e o abrila ou cerrala,
ningún motivo custa
o que unha vida vale.

Se o que hai non che gusta
da media volta e vaite,
vaite con bondade non con maldade,
porque como din.......todo volve.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada ou en calquer outro lugar,  REXEITO TODO TIPO DE VIOLENCIA.