martes, 25 de abril de 2023

UN LIBRO

 

Un libro é un amigo
no viaxar do camiño,
con ensinanzas e risas
que nunca serán olvido.

Nun libro atoparás frío
fogueiras e algún ruído,
con tristezas e caricias
que falarán no oido.

Un libro é un amigo
no estar do destino,
con palabras escritas
que non perden o latido.

Nun libro es ti, sentindo
e sentindo es ti, nun libro.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 23 de Abril do 2023.
Día do libro.

miércoles, 19 de abril de 2023

QUEDOU EN TI

Quedóuseme a pel
no alento das túas mans,
e coa doce ollada
creache un mundo de latexos
.


Quedou en ti,
o camiño que é sorriso
a pesares desas agullas
que choran nos reloxos.

Quedóuseme a sen
nesas letras e falas irmáns,
e con verdade calada
forxache un fogar nos meus dedos.

Quedou en ti,
a honra de cada respiro
dando os meus pés as axudas
que renacen dos enoxos.

Quedóuseme o meu ser
no libro sen papel,
ese que de  ti
florea na rama do vivir,
un vivir que se chama querer
e se pronuncia nacer.

Quedou en ti
todo de min.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 16 de Abril do 2023

martes, 11 de abril de 2023

EU CRÉOTE

 

Cando me din os teus ollos
sigue camiñando,
eu créote, en tí confio
a túa man vaime agarrando.

Cando sinto que non poido máis
sigo loitando,
eu créote, en ti confio
o teu alento chégame calado.

Cando no mundo se perde a fe
sigo rezando,
eu créote, en ti confio
a túa palabra está falando.

Créote, en ti confio,
os dias van pasando
e na miña vida 
o teu corazón sigue sangrando.

Créote, en ti confio
cando todo semella perdido,
créote, en ti confio
tamén a morte deixa algo vivo.

Cando me din os teus ollos
que siga amando,
que non perda a fe,
créote...e sigo confiando.

Ana Vila Portomeñe.Poeta Labrega.
En Taboada a 9 de Abril do 2023.
Domingo de Pascoa.