martes, 21 de junio de 2022

APREZADO PAI



Ti, que es máis ca un superheroe,
esteas en corpo presente
ou sexas compaña coa túa alma,
con alento tamén de nai
quero decirche hoxe,
que xamais serás ausente.

Porque na tormenta es calma,
na tristura prestas unha risada
e na dor, na dor acougas a mente.

Es luz de amor que non se apaga
latexando no camiño eternamente,
coidando todo aquilo que te ama
e que non esquence o lugar nacente.

Grazas a todos os pais cada dia, aínda que hoxe, o terceiro domingo de Xuño se celebre en Arxentina, lémbro que en Galicia se fai o 19 de Marzo,                     ... a verdade é que cada dia son parte dos latexos.... o mesmo cas nais. Bicos

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 19 de Xuño de 2022.

domingo, 12 de junio de 2022

SON ASÍ


Son coma un grao de area
que permitiu o destino,
son muller de aldea
contenta co meu camiño.

Son de terra galega
onde respira o cariño,
son muller labrega
co amor no meu sentido.

Son tamén algo poeta
no rural onde escribo
e deixo herdanza leda
quizáis prá ser agarimo.

Son así, algo toxo, algo poema
un anaco de mil aloumiños.

Son así, unha pequena gandeira,
quizáis páxina dun libro.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 12 de Xuño de 2022.

lunes, 6 de junio de 2022

SINXELA PORTA


Vimos un dia para o mundo porque así é o destino,
non sabemos como seran as pegadas do camiño,
nin se detrás dunha sinxela porta
haberá estancias de soidade ou agarimo.

Imos medrando entre segundos paseniños,
atopando amizade e mantas con frío,
cousas que non importan ou que sí contan
namentres levamos labazadas e aloumiños.

Estamos de paso nuns intres moi vivos,
con alentos ben arroupados ou espídos,
quizáis non ollemos detrás dunha sinxela porta
latexos que nos enchen de soños escritos.

Seguimos a nosa vida sementando montes e ríos,
formando vales e mares que non serán olvidos,
onde ben sexa por boas ou por malas
firmamos estrelas nun ceo de suspiros.

Detrás dunha sinxela porta
van dende esta terra que piso
apertas e bicos que soan
porque os vosos corazóns importan.

Detrás dunha sinxela porta
perdura destino dun camiño.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 5 de Xunio de 2022

MÚSICA DE CÁMARA ESPAÑOLA

 

A pedido del público vuelve Alma de España presentando el espectáculo
"Ayres de España"
(música de cámara, danza, zarzuela española)
Intérpretes:
Noemi Deluca - soprano
Rocío Giménez - soprano
Lorena Sayegh - soprano
Laura Aranda - mezzosoprano
Liliana Vigo Lima - mezzosoprano
Víctor Betinotti - tenor
Coro Orfeón San Ignacio
Hugo Menzietti- piano
La participación especial de:
Roberto Occhiuzzi - guitarra
"Las Sultanas" - danza
Coordinación: Liliana Vigo Lima
Dirección General: Victor Betinotti
Entrada general:$1000
Entrada anticipada: 2x $1500
Jubilados y estudiantes: $800

miércoles, 1 de junio de 2022

A MEU PAI

( Fai hoxe 7 anos do seu pasamento)

Día a día está nos feitos a túa lembranza 
nas caricias que respiran contigo.
Noite a noite teño no soño moita añoranza
con camiños que aluman por ti.

Día e noite, perdura o alento da túa esencia.
Noite e dia, estrano a ollada da túa presencia.

Día a dia levo nas mans a túa ensinanza
nos sorrisos que viven contigo
Noite a noite sinto a alma da túa grandeza
con abrazos que medran por ti.

Dia e noite estás en min.
Noite e día estou contigo.

Sen ti non recordaria que todo existe na vida
e que toda vida no existir debe ter recordos.

Sen min non poderías decir a miña filla,
a cal estivo e sigue estando con e coma os toxos.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 29 de Maio de 2022

VERBENA ESPAÑOLA EN VEDRA