jueves, 30 de noviembre de 2023

ANGEL


O teu nome prezado amigo
xa di todo,
de ti saia tanto agarimo
que chegaba eiquí e aló.

Partiche con nobleza e honra
xamáis só 
deixas pegada no camiño
con milleiros de feitos bos.

Angel, as bágoas sairon,
hai dor,
nada será esquencido
por amor.

Partiche así, nunha hora
que o destino creou,
e dende ese novo brillo
Galicia no ceu falou.

Falou prezado Angel
ao carón dos nosos,
na alma das nosas
por mar e na terra que ves.

Angel, prezado amigo
estas verbas con gratitude e lembranza

Saúde e terra !

Poema adicado a Angel Anes, xunto con familia e amizade en sinal de sinxelo homenaxe. D.E.P ☆♡

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 26 de Novembre do 2023.

sábado, 18 de noviembre de 2023

CONTIGO, SOMENTE QUEDA AMOR


Van pasando os dias
con cada momento
lévote no pensamento.

Tanto alento que me das,
tanto camiño que fas
alonxando sofremento
quedando somente amor.

Cada verba que me dis
do teu pensamento
soa un latexo contento.

A vida das túas mans,
sementa por onde vas
floreando bo sentimento
coa raiz do teu amor.

Amor que enche fogar.
Amor que xamais se vai.

O teu amor, meu amor
medra na terra e no mar.

Contigo, somente queda amor.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 12 de Novembro do 2023.

miércoles, 15 de noviembre de 2023

PASO A PASO


Paso a paso
vainos levando lonxe a vida,
atopando no noso camiño
aquilo que perdéndose non foi perdido.

Temos ao carón
semente de corazón,
latexos feitos ilusión
e alentos con emoción.

Paso a paso
ábrense portas ben amigas,
deixando fora do postigo
milleiros de momentos sen sentido.

Somos unha canción
de anterga composición,
diferente paixón
e sons cheos de amor.

Paso a paso
toda estrela que brilla,
danos ese agarimo
que sendo escuridade, está vivo.

Paso a paso,
o que se veu conseguindo
non ten meta, é destino.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 29 de Outubro do 2033.
Con Ramón Suárez retransmitindo dende unha cafeteria da Coruña, despois de participar por a mañá, na carreira máis bonita do mundo, a 44 carreira pedestre popular de Santiago de Compostela, e chegando á meta moi ben, eso si, un pouco mollado por a choiva. Parabéns Ramón e grazaz Ever por facer boa a transmisión.

TEMPOS DE GUERRA


As luces que alonxan escuridade
xa non soan con ilusión,
as voces sotérranse
e chora o corazón.

Os camiños que levan liberdade
xa non acariñan con amor,
as olladas péchanse
e ábrese a dor.

Tempo de guerra
que desfai ceo e terra,
por alguén que dí
dispara por mín.

Os fogares que abrigan soidade
xa non teñen calor,
as persoas íspense
con lúa e sol.

Tempo de guerra
que no mundo cega,
por alguén que di
o que non sabes ti.

Baixo inxustiza e desigualdade
amósase a sin razón,
crendo arranxarse
problemas sen solución.

....Qué as guerras deixen xá de existir!!!!

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada a 5 de Novembro do 2023.