martes, 22 de noviembre de 2022

TANTO CHE QUERO

Quéroche tanto terriña miña,
por darme o teu sorriso,
por tenderme a man no camiño
e deixarme ter un sentido.

Quéroche tanto, tanto che quero
que por quererte non me falta nada.

Quéroche tanto vida miña,
por axudarme sen castigo,
por ser esa ollada chea de brillo
e alonxarme do frío.

Quéroche tanto, tanto che quero
que por quererte non me falta nada.

Quéroche tanto alma miña,
por valorarme motivos,
por compaña con bon abrigo
e facer todo máis vivo.

Quéroche tanto, tanto che quero
que por quererte non me falta nada.

Nada me falta por tanto quererme.
Non me falta nada por tanto quererche.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 20 de Novembro do 2022.

martes, 15 de noviembre de 2022

DESPEDIDA DEL AÑO EN EL CENTRO CANGAS DEL NARCEA

 SÁBADO, 17 DE DICIEMBRE DE 2022 A LAS 21:00

Fiesta de Fin de Año del Centro Cangas del Narcea

Beruti 4643, 1425 Ciudad de Buenos Aires, Argentina
Reserva con tiempo.!!!

La Cena será al mejor estilo de las fiestas Canguesas , constará de: Fiambres surtidos; Carré de Cerdo relleno o pollo al Verdeo con papas ; postre helado; vino, agua y gaseosas. Y Sidra para el Brindis
Durante la Cena contaremos con la presencia del Conjunto de baile y gaitas Pelayo de Manolo del Campo (Del Centro Asturiano de Buenos Aires). El tradicional baile familiar estará amenizado por Mariano Maldonado.
La reserva de mesa se puede hacer a algún miembro de la comisión, telefónicamente
al Centro (47737643//3351) o al Tel.4822-6083 o por correo electrónico a: cangasbaires@yahoo.es
Beruti 4643 Caba
$ 3500

LA SOCIEDAD PARROQUIAL DE VEDRA DESPIDE EL AÑO

 


NUNCA MÁIS, PREZADO MAR.


Ondas que veñen e van,
agarimo de bágoas entre areas
e no peito navegan
lembranzas tenras.

Soben as ondas e baixan,
con latexos de morriña medran
e no peito navegan
moitos medos da terra.

Risadas envoltas nas redes
cando de peixe están cheas
e no peito navegan
horas que se fan eternas 

As veces o mar, o fermoso mar
deixa feridas mas veas,
e outras, otras a mar, a nosa mar
trae tristura nas mans baleiras.

Baleiras porque afundiu,
baleiras porque esnaquizou,
baleiras porque afogou,
baleiras porque o chapapote escapou.

Ondas que veñen e van
nunca máis choredes pedras,
porque con peito navegan
homes e mulleres mariñeiras.

Soben as ondas e baixan
con alento de valor legan,
tantos peitos que navegan
coa compaña dende as leiras.

As veces o mar, o fermoso mar
é unha man de apertas,
outras a mar, a nosa mar
un feixe de mans desertas.

Desertas porque afundiu,
desertas porque esnaquizou,
desertas porque afogou,
desertas porque o chapapote escapou.

Nunca máis, prezado mar,
nunca máis baleiras,
nunca máis desertas,
nunca máis prezada mar
tristura nas máns.

En homenaxe a tódas as persoas que tras 20 anos do desastre do Prestige...
       .....siguen navegando......
 (no mar, na terra, no ceo e nos     corazóns do mundo enteiro)♡☆

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 13 de Novembro do 2022.

domingo, 6 de noviembre de 2022

TI MÁIS EU


Ti máis eu, forxamos un mundo
onde quizáis non vivamos,
pero con valor deixaremos
sabor a mar
sabor a montes e leiras
sabor a lar.
Ti máis eu, tecemos pró mundo
onde quizáis non camiñamos,
pero con herdanza vestiremos
labor do mar
labor de montes e leiras
labor do lar.
Ti máis eu, dámoslle corda ó mundo
onde quizáis non bailemos,
pero no reloxo cantaremos
o son co mar
o son con montes e leiras
o son co lar.
Ti máis eu, somos o mundo
onde quizáis non soñemos,
pero con alento legaremos
valor no mar
valor nos montes e leiras
valor no lar.
Ti máis eu, tan diferentes nacemos
tan iguais morreremos,
namentres tanto mancamos
mar, montes, leiras e o propio lar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 6 de Novembro do 2022.


martes, 1 de noviembre de 2022

TABOADA

 

Dende Portomarín a Chantada


o río Miño fai parada,


para bicar ribeiras de Taboada


e amosar as veces a beleza


que atesoura baixo as súas augas.



Paisaxe de cor encantada


con historia xa consagrada,


fai que a enxebre terra


acariñada pola xente labrega


vista as mais fermosas galas.


De arte románico enxoiada


polo Real Camiño que nela fala,


deixa impagables pisadas


con fontes de dozura sinxela


que manan sempre lembranza.


Berce de cultura honrada


baixo sol, choiva ou tronada,


están as súas rúas paseadas


co carballo de Ramos na ollada


facendo cantigas cás ramas.



Coma tanta morriña alonxada


que por outros lugares é chorada,


o mesmo pasa en Taboada


por quenes saben aprezala


e por cariño non van olvidala.



Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega


Taboada a 29 de Outono do 2022.