martes, 16 de enero de 2024

A NOSA XENTE


Os nosos galegos, as nosas galegas,
quenes xa son luz nas estrelas,
fixeron e fan da nosa lingua
un tesouro que xamáis mingua.

A nosa xente,
dos aturuxos nas leiras
das bágoas do mar.
A nosa xente,
que che da canto queiras
que abre os ollos e sorrí nese ollar.
Esa, é a xente de Galicia.

Os nosos galegos, as nosas galegas,
coidando cidades e aldeas,
traballando con sol e lúa
para unha vida eterna de lenda pura.

A nosa xente,
que vai ou ven
con raíz e rama dun bicar.
A nosa xente,
que dende o seu gran ser
acende amor e fogar.

Calquer lugar,
ten da nosa xente un camiño de ben,
contando tamén cunha rodeira túa.

A nosa xente, viste ó mundo con canto ten
legándoche co vento a pel súa.
A nosa xente,
esa xente de Galicia,
poida que sexa tamén a túa.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 14 de Xaneiro do 2024.

No hay comentarios:

Publicar un comentario