miércoles, 15 de noviembre de 2023

PASO A PASO


Paso a paso
vainos levando lonxe a vida,
atopando no noso camiño
aquilo que perdéndose non foi perdido.

Temos ao carón
semente de corazón,
latexos feitos ilusión
e alentos con emoción.

Paso a paso
ábrense portas ben amigas,
deixando fora do postigo
milleiros de momentos sen sentido.

Somos unha canción
de anterga composición,
diferente paixón
e sons cheos de amor.

Paso a paso
toda estrela que brilla,
danos ese agarimo
que sendo escuridade, está vivo.

Paso a paso,
o que se veu conseguindo
non ten meta, é destino.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 29 de Outubro do 2033.
Con Ramón Suárez retransmitindo dende unha cafeteria da Coruña, despois de participar por a mañá, na carreira máis bonita do mundo, a 44 carreira pedestre popular de Santiago de Compostela, e chegando á meta moi ben, eso si, un pouco mollado por a choiva. Parabéns Ramón e grazaz Ever por facer boa a transmisión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario