martes, 31 de enero de 2023

SEMPRE CONTIGO FILLO


Como calquera nai
intento con devoción
coidarte, mimarte e axudarche,
vivindo con medo
por todo aquilo que poida pasarche.

Sabes que dalgún xeito
estou sempre contigo fillo.

Como boa amiga
intento con ilusión
divertirte, animarte e comprenderte,
dándoche o meu valor
cando poidan chegar a mancarte.

Como sangue de muller
intento con admiración
ensinarche, demostrarche e regalarche
auténtica emoción
para respetar a quen saiba amarte.

Sabes que dalgún xeito
estou sempre contigo fillo.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 29 de Xaneiro do 2023.

jueves, 26 de enero de 2023

CIVILIZACIÓN


Chámannos civilización
e non somos nada civilizados,
somos esa especie humana
que de humanidade non ten nada.

As veces, din que somos animais
e así deixamos constancia
do noso insulto á intelixencia deles.

Queremos somente vivir
e matámonos por prestixio
vai ti ver cal!!!!
Bailamos e loitamos por ter moitos cartos.
Desexamos un mundo mellor
e acabamos con este tan vivo,
claro, outro non hai!!!!
Desstrozamos canto temos.

Vergoña me da, ver.  
Medo me da, oir.
Tristura me da, decir.
Dor me da, sentir.

Máis...no fondo sei
que hai buracos de esperanza,
e neles, sei que aínda hai persoas.
Grazas.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 22 de Xaneiro do 2023.

domingo, 15 de enero de 2023

CARICIAS

Olladas lonxanas
beizos calados
e nas máns as caricias amadas,
caricias que non esquencen,
caricias que sempre acenden.

Acenden soños cantados,
desexos gardados
e nas máns unhas caricias coidadas,
caricias que non se aprenden,
caricias que sempre entenden.

Verbas gravadas,
sons escoitados
e nas máns caricias,
caricias que non menten
caricias que son máis ca xente.

As caricias túas,
as miñas caricias,
sempre soles...sempre lúas.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 15 de Xaneiro do 2023


sábado, 14 de enero de 2023

ORGULLOSA E HONRADA

Moita xente temos na vida

no paso dos nosos días,

máis pouca ten a carica

de ser alento na lexanía.

Tantos para dar alegría

na hora das nosas cantigas,

máis poucos a valentía

de ser luz para noite fría.

 

Eu teño a honra querida

en cada intre que respira,

da fermosura sen malicia

de quenes son auga limpa.

Dou grazas por a familia

de sangue non compartida,

por o sentir de amiga

que está sen que lle pida.

 

Orgullosa sen despedida

da amizada que é viva,

dunha alma sempre espida

que de pureza vai vestida.

Orgullosa e honrada

dos amigos e familia,

de quenes estiveron,

están e estarán…

graciñas.

 

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega

En Taboada a 8 de Xaneiro do 2023

 

 

SANTIAGO MOLINA PRESENTA DISCO

  #DesdeUnNuevoLugar , vamos a estar presentando el disco en @cafeberlinbuenosaires el próximo domingo 29 de enero con un montón de invitados de lujo 

🔥 🙌🎶
📍 Café Berlín Buenos Aires (Av. San Martín 6656 - Villa Devoto)
📆 Domingo 29 de Enero - 20hs
🎟️ Entradas $1500
disponibles por Livepass

viernes, 6 de enero de 2023

UN NOVO DIA

Cada momento que temos
vaino marcando o destino,
aínda que nós mudemos
xamáis o fai o camiño.
Ise camiño que percorremos
con bos e malos motivos,
os cales ass veces non vemos
e outras amósanos aloumiños.

Despois dun ano, outro ven
comenzando un novo día,
coa grandeza que ti tes
e nos feitos de alma viva.
Coa chegada deste novo día
atesóuranse alentos tamén,
para aturar tristura e ledicia
que de mil maneiras están no teu ser.

Cada momento que vivimos
vaille dando corda ao destino,
aínda que nós paremos
sempre sigue o respiro.
Ise respiro que forxamos
sendo amiúdo compartido,
por todo aquilo que amamos
coa morriña dun pasado escrito.

Escrito cada novo día
nas letras que son semente,
na luz que non é ausente
e na voz de corazón e mente.

Despois dun ano, ven outro novo ano,
comenzado un novo día
un pasiño do destino.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 31 de Decembro do 2022.
..Que os vosos pasos non deixen de sorrir cada novo día....SAÚDE NO 2023.