sábado, 14 de octubre de 2023

PERDOA


Perdoa
se che falto cando mais me necesitas,
sinto mancarte
cando non dou axudado.

Perdoa por todo, as veces non poido,
outras non poido aínda querendo.

Perdoa se non estou cando precisas,
sinto deixarte
nise intre tan chorado.

Ti...que foche acadando tanto, tanto,
sinto alonxarte,
e a miña man pechada
non abrazarte.

Perdoa por todo, as veces non poido,
non poido ainda querendo.

Perdoa cando falas das loitas,
sinto ollarte
sin curarche o pelexado.

Perdoa por esta vida dada,
as veces, todo non é nada...
e outras...da nada pódese con todo.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada a 8 de Outubro do 2023.




No hay comentarios:

Publicar un comentario