martes, 1 de febrero de 2022

A TERRA QUE NOS VIU NACER

Esa terra chea de aloumiños
que alenta cada paso do camiño,
terra de Castelao, Pondal, Neira Vilas,
Maria Mariño ou Rosalía.

Terra con poemas, aturuxos e asubios
que latexan soños de bon querer.
Terra que chora con nós
e nos da de comer.

Esa terra de agarimos
que namora por ter sempre sorriso,
terra de Emilia Pardo Bazán, Cunqueiro, Carlos Casares, Filomena Dato ou Manuel Maria.

Terra con lendas, morriña e tantos ríos,
que salpican a fermosa paisaxe que ves.
Terra que ama con nós
e nos ensina a ser.

Esa terra que nos viu nacer,
chámase Galicia.
A nosa prezada terra, Galicia, 
onde perdura a vida despois de morrer.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
                Taboada (Lugo)
           30 de Xaneiro de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario