lunes, 24 de enero de 2022

O PORCO


Dende que te lembro
formas partes de moitos fogares galegos,
onde es coidado con agarimo
para darnos alimentos moi prezados.

Do teu rabo enroscado ata o fuciño
chámanche porco, cocho, marrao,
rancho ou tamén como eu che digo....quino,
pero sexas ou non ben bautizado
todo tes no teu ser para ser aproveitado.

Naceche cun marcado destino
para encher as nosas lacenas,
onde cada anaco que amosas
alonxa a fame de tantas veas.

Agora niste ano dous mil vinte e dous
faste moi máis de querer,
o teu riñón e o teu corazón
fan de camiño e de razón,
eu, niste poema quéroche agradecer
que na sanidade perdure a ilusión,
para que a humanidade teña solución
a ises achaques que causan dor.
Grazas porquiño
por o teu agarimo.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 23 de Xaneiro de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario