domingo, 20 de febrero de 2022

MARIÑEIRO

No silencio ruidoso do mar
canta o vento o teu asubiar,
por un corazón de areal
que nun tempo non verás.

Nas redes tece un bailar
coa esperanza posta no ollar,
dun amor que quixeras non deixar
por os bicos que che da o sal.

Rezan e loitan as túas ás
para ó porto pronto voltar,
co corpiño canso sen lamentar
e un traballo de bon pan.

Mariñeiro, a túa luz é o mar,
mais no mar o teu amar
é quen na terriña está
agardándote para te bicar.

Mariñeiro, a túa casa é o mar,
mais no mar o teu fogar
é quen na terriña está
co teu corazón nas mans.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 20 de Febreiro de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario