miércoles, 27 de septiembre de 2023

AMOR QUE LEVO COMIGO


Este amor que levo comigo
naceu un dia no camiño,
porque así dixo o destino
para ser compartido.

Compartido contigo
con todo agarimo,
e das bágoas
facer que bique un sorriso.

Este amor que levo comigo
florea como auga do rio,
para voar amodiño
e xamáis ser esquencido.

Lembrarase cada feito
que con verdade latexa no peito,
e aínda nas ondas
acubillará alentos que siguen vivos.

Este amor que levo comigo
pode ser loucura ou xuizo,
ter anacos de necesitar respiro
e milleiros de suspiros.

Suspiros contigo
nas mans cheas de valor e abrigo,
sendo fogar que ten sentido
para quedar onde sexa querido.

Este amor que levo comigo
se non fose por ti sería..tempo perdido.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 24 de Setembro do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario