viernes, 1 de septiembre de 2023

VAI PASANDO O TEMPO


Vai pasando o tempo
quedando no corazón,
tanto sentimento
con rúas de ilusión.

Rúas de ilusión
que dibuxache con amor,
e no pensamento
amósanme valor.

Vai pasando o tempo
e soando unha canción,
agroma sofremento
por non terte ao meu carón.

Non terte ao meu carón
por mencer e solpor,
que dende o firmamento
alúmame saudade e cor.

Vai pasando o tempo
e medrando nova flor,
pois sempre hai semente
que vive eternamente.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 27 de Agosto do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario