jueves, 7 de septiembre de 2023

AMOR COMPARTIDO



Este amor que levo comigo
naceu no camiño,
que fixo o destino
para ser compartido.

Compartido sempre contigo
con cada aloumiño
que deixa sorriso.

Amor ompartido
é unha maneira de vida,
que axuda a existir.
Amor compartido
é un fogar que respira
creando cada latir.

Este amor que voa limpo
ten aloumiño,
tecendo abrigo
co mellor fío.

Fío en cada tecido
como auga de río
de tenro asubío.

Amor compartido
é unha maneira de vida,
que axuda a existir.
Amor compartido
é un fogar que respira,
creando cada latir.

Amor compartido
é un nome escrito
nos beizos lido.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada a 3 de Setembro do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario