jueves, 21 de septiembre de 2023

PRETO OU LONXE

 

Co zoar do vento
mándoche apertas
e as portas
deixo abertas.

A tí, que preto ou lonxe
fasme feliz hoxe,
adíciche un poema
con amor en cada verba.

A tí, que preto ou lonxe
fasme feliz hoxe,
por esa alma sempre eterna
digoche, quérote con toda ela.

Co paso do tempo
os soños espertan
e dos feitos
quedan teitos que aledan.

A ti, que preto ou lonxe
fásme existir hoxe,
estas letras legan
latexos que medran.

En min, preto ou lonxe
sorrí un sentir hoxe.
En mín, preto ou lonxe
tamén o pasado vive hoxe.

Preto ou lonxe
ti, estás hoxe
e sempre estarás en min.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega.
En Taboada a 17 de Setembro do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario