sábado, 7 de octubre de 2023

GALICIA É UNHA VIDA ENTEIRA


Dende Centros Galegos
chegan alentos co vento,
para ser alimento
de verdadeiro sentir.
Dende alén do mar
veñen apertas do tempo,
para ser sentimento
dunha herdanza sen fin.

Dos feitos de Alexandre,
do que Rosalía cantou,
do que Emilia falou
e do escrito por Castelao,
Galicia é...Galicia ten.

Colexios, museos ou prados,
tabernas, lareiras ou pazos,
xente da aldea ou mariñeira,
por aquelas persoas, Galicia..
..Galicia é...unha vida enteira.

Dende os legados galegos
temos latexo e pensamento,
ledicia e lamento
dun verdadeiro existir.
Dende as ondas do mar
vai agradecemento,
xunguido no firmamento
con forza para seguir.

Dos feitos de Alexandre,
do que Rosalía cantou,
do que Emilia falou
e do escrito por Castelao,
Galicia é...Galicia ten.

Camiños, montes ou regatos,
libros con poemas ou relatos,
xente de aldea ou mariñeira,
por aquelas persoas, Galicia..
Galicia é...unha vida enteira.

De todo esto da fe un manifesto,
quen poda ver, quen queira ler,
entende que por un centenario texto
somos quenes temos que ser.

Galicia enteira
sempre a túa beira,
con esta bandeira
xamais baleira.
Grazas Galicia honrada
por cada hora miragreira,
por cada milenaria ollada,
Grazas Galicia, miña alma compañeira.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 25. 9. 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario