sábado, 16 de septiembre de 2023

LEMBRANZAS


Escoitar cultura popular
falar con persoas de diferente lugar,
oir historias que fan rir ou chorar
e, como non, o son dunha cantiga
fai que se poñan a bailar.

Lembranzas dun pasar
que non debe ser esquencido,
contos nun estar
que non debe ser perdido.

Xente que quixo emigrar
outra que tivo que marchar,
alentan ainda no latexar
de toda unha vida, que no mundo ten
....tanto amar.....

Hoxe no recordo de quen non está
de quen se adicou a buscar,
de atopar e legar.

Hoxe as aldeas son un visitar
porque oficios xa poucos fan traballar,
e nese camiño de algún camiñar
estan cubertas por asubíos dun silveiral

Lembranzas lonxanas
lembranzas de linguas,
mans honradas
e olladas túas e miñas.

Contos en libros
de verdades e lendas,
dunha gran terra
desa pingueira galega.

Lembranzas dun pasar,
contos dun estar,
e no tempo...
...no tempo quizáis un calar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 10 de Agosto do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario