jueves, 28 de abril de 2022

FIESTA XCVII ANIVERSARIO DEL CENTRO CANGAS DEL NARCEA

 El próximo día 29 de mayo, celebraremos el 97 aniversario de nuestra institución, con un almuerzo a realizarse a las 13:30 horas en los salones de nuestra sede social                                                       Beruti 4643 Capital Federal.

Menú: Fiambres surtidos- Paella o Pollo al verdeo (para los que no comen Paella)-Vino-Gaseosa-Helado
Con su Tarjeta se sorteará un Jamón Crudo (Gentileza de Frigorífico El Bierzo) Serie: 2200


lunes, 25 de abril de 2022

POEMA AO AMOR


Disme que escriba un poema de amor,
non podo escribilo,
o amor é poema
en tódalas letras.

Disme que diga un poema de amor,
non podo decilo,
o amor é lema
en tódalas veas.

Disme que escriba un poema de amor.
Disme que diga un poema de amor.

Non podo escribilo nin decilo,
o amor é vida,
a vida música,
a música poesía
e a poesia o latexo.

Disme que escriba un poema de amor.
Disme que diga un poema de amor.

Non podo escribilo nin decilo,
o amor é poesía,
a poesia única,
única a súa caricia
e caricia o sentido.

O amor nun poema es ti.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 24 de Abril de 2022.


lunes, 18 de abril de 2022

VIVE

As horas van pasando,
e con elas levando
o que vas tocando
se non o vas gardando.

Os momentos chorados,
non cantan nadando
o que vas calando
se non o vas secando.

O sentir amado,
non baila deixando
o que vai chegando
se non o vas coidando.

A vida vai acabando,
e con ela olvidando
se non deixas legado
que viva conservando.

Vive disfrutando,
sorrindo, recordando,
querendo, sementando.
VIVE.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 17 de Abril de 2022.
Domingo de Pascoa.

domingo, 10 de abril de 2022

HOME

Sempre foches o suor
que se vía no laborar,
pero tamén es canción
no tempo de descansar.

Ten o teu corpo valor
na forza do ensinar,
como tamén o calor
nas horas de namorar.

As veces a túa emoción
amósala no falar,
e bailas co corazón
cando precisas calar.

A túa agochada paixón
non debe nunca mancar,
e tampouco debe a dor
entristecer teu camiñar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 10 de Abril de 2022
        (Domingo de Ramos)


domingo, 3 de abril de 2022


CALDO DE ÓSOS

Nunha lareira
entre paredes de pedra,
o chan de terra
ollaba o pote nunha angarela.

Na corte barullo de festa
os animais agardando desfeita,
tempo de matanza
de despedida e xuntanza.

Comida caseira
de bágoas e risas enchendo despensas,
saíndo bos arumes
por portas e fiestras.

Homes e nenos
no carro o porco suxeitan,
despois da morte, ven a queima
namentres o sangue aproveitan
para filloas e morcillas.

Mulleres e nenas
as tripas desenlizan,
lavá dendoas despois no río
e quedar así ben limpas
para embutir chourizos
ou comelas cocidas.

Ata o día seguinte
o porco agarda
colgado nos chamberiles
para facer a salga
despois da parta.

Cando isto case remata
empeza o festin do caldo de ósos,
onde vai a soá
mesturada con garavanzos e pataca,
un chisco de sal
un refrito e...ben rico que está!

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 3 de Abril de 2022
Poema para a XXX Festa do Caldo de Ósos de Taboada ( Lugo) Galicia
Celebrada este mesmo domingo 3 de Abril e da cal tiven a honra de ser pregoeira. Grazas.


martes, 29 de marzo de 2022

SINTO


Debúxame con toda a túa alma
un camiño pintado de bicos,
deixando un regueiro de auga
bailando na pel das leiras.

Cóntame nas mantas da cama
dos latexos que son suspiros,
forxando vida coa fala
renacendo nas lareiras.

Dáme mans de letras tenras
para compoñer os meus libros,
onde a grandeza das aldeas
angace suor de mil maneiras.

Síntote por raíz e rama
nos alentos que respiro,
porque ti es quen me ama
con paixón de sementeiras.

Sinto, porque me fas sentir
sentimentos de ceo e terra
perdurando nos sentidos.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 27 de marzo de 2022.

martes, 22 de marzo de 2022

MEU QUERIDO PAI


Ise tempo tan lonxano da miña nenez,
aínda conserva o calor do teu amado regazo 
e nas noites, envólvenme os teus brazos.

Non te foches meu querido pai,
estás comigo en todas partes.
Non te foches meu querido pai,
todo o vivido no meu corazón late.

A vida ó teu lado de gran querer,
aínda ten o sabor do teu legado
e sen reproches encóntrante os meus abrazos.

Non te foches meu querido pai,
estás conmigo en todas partes.
Non te foches meu querido pai
todo o sentido o meu corazón reparte.

Ise tempo tan amado da vida pasou,
e ainda hoxe é valor e tamén camiño de quen non te esquenceu,
e para quen non es olvido.

Meu querido pai,
meu alento, meu latexo.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 20 de Marzo de 2022.