domingo, 3 de abril de 2022


CALDO DE ÓSOS

Nunha lareira
entre paredes de pedra,
o chan de terra
ollaba o pote nunha angarela.

Na corte barullo de festa
os animais agardando desfeita,
tempo de matanza
de despedida e xuntanza.

Comida caseira
de bágoas e risas enchendo despensas,
saíndo bos arumes
por portas e fiestras.

Homes e nenos
no carro o porco suxeitan,
despois da morte, ven a queima
namentres o sangue aproveitan
para filloas e morcillas.

Mulleres e nenas
as tripas desenlizan,
lavá dendoas despois no río
e quedar así ben limpas
para embutir chourizos
ou comelas cocidas.

Ata o día seguinte
o porco agarda
colgado nos chamberiles
para facer a salga
despois da parta.

Cando isto case remata
empeza o festin do caldo de ósos,
onde vai a soá
mesturada con garavanzos e pataca,
un chisco de sal
un refrito e...ben rico que está!

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 3 de Abril de 2022
Poema para a XXX Festa do Caldo de Ósos de Taboada ( Lugo) Galicia
Celebrada este mesmo domingo 3 de Abril e da cal tiven a honra de ser pregoeira. Grazas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario