domingo, 10 de abril de 2022

HOME

Sempre foches o suor
que se vía no laborar,
pero tamén es canción
no tempo de descansar.

Ten o teu corpo valor
na forza do ensinar,
como tamén o calor
nas horas de namorar.

As veces a túa emoción
amósala no falar,
e bailas co corazón
cando precisas calar.

A túa agochada paixón
non debe nunca mancar,
e tampouco debe a dor
entristecer teu camiñar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 10 de Abril de 2022
        (Domingo de Ramos)


No hay comentarios:

Publicar un comentario