martes, 22 de noviembre de 2022

TANTO CHE QUERO

Quéroche tanto terriña miña,
por darme o teu sorriso,
por tenderme a man no camiño
e deixarme ter un sentido.

Quéroche tanto, tanto che quero
que por quererte non me falta nada.

Quéroche tanto vida miña,
por axudarme sen castigo,
por ser esa ollada chea de brillo
e alonxarme do frío.

Quéroche tanto, tanto che quero
que por quererte non me falta nada.

Quéroche tanto alma miña,
por valorarme motivos,
por compaña con bon abrigo
e facer todo máis vivo.

Quéroche tanto, tanto che quero
que por quererte non me falta nada.

Nada me falta por tanto quererme.
Non me falta nada por tanto quererche.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 20 de Novembro do 2022.

No hay comentarios:

Publicar un comentario