lunes, 7 de marzo de 2022

FERMOSA MULLER

 

Cando miras, fermosa muller,
anubrado non pode estar,
levas no teu ollar
a luz de cada luar,
nas mans o brillo do sol ó espertar
e todas as estrelas que fan soñar,
que me fan soñar.

Cando miras, fermosa muller,
es vida no camiñar,
fermosa muller, es vida,
es vida no meu amar.

Cando bicas, fermosa muller,
deserto nunca hai,
levas no teu respirar
auga da terra e do mar,
nos pés, os alentos de tanta paz
e todas as verbas que fan soñar,
que me fan soñar.

Cando miras, fermosa muller,
es vida ó camiñar,
fermosa muller, es vida,
es vida no meu amar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 7 de Marzo de 2022



No hay comentarios:

Publicar un comentario