martes, 15 de marzo de 2022

DOEN

 

Doen as mans
cando non poden dar ningún alento
a quenes no corazón tanto aprezan,
cando os seus dias son sofremento.

Doen os ollos
cando non ven ningún pensamento
que axude na anubrada realidade,
cando os dias son de choramento.

Doen os beizos
cando non dan sido ningún alimento
para acougar a tristísima sin razón,
cando os dias son de tormento.

Doe o que doe,
cando está todo sentimento
esbarando en gotas de esperanza
que se abrazan con fe moi dentro.

Doe tanto,
tanto que nin sequera co tempo
vai amainar a eterna pregunta
por qué existe tal momento?.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 13 de Marzo de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario