jueves, 8 de junio de 2023


Hai veces que o corazón
parece que afoga,
por iso, o destino
nos agasallou con infinitas bagoas.
Cada unha delas voa
 chea de dor por cariño,
e, onde chega perdoa
deixando eterno agarimo.

Ese sentir de emoción
en calquer detalle,
a nós sempre volta,
volve para que a estrela,
ésa que nos acompañou
siga con vida nas nosas ás.

Nunca deixes de lembrar, nunca
e pouco a pouco no estar,
saberemos que o viaxar
non podemos xamais cambiar,
somente,
somente acariñalo
mentras nos permita a vida,
nos permita ter a sorte de amar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 4 de Xuño do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario