miércoles, 21 de junio de 2023

♡☆TERRA DE PAI ARXENTINO☆♡

Hoxe en Arxentina
celébrase o dia do pai,
eu, dende Galicia
mando aperta de nai.

Cada novo día
un sorriso na vida,
por ter merecida
unha gran familia.

Terra de pai arxentino
que "labouras" bo camiño,
nas vintetrés provincias
onde respira agarimo.

Dende Bos Aires
cheo de noticias,
pasando por Entre Rios
con centos de donaires,
ata San Juan ou Tucumán,
Mendoza ou eses Miragres
que son de lean man.

Eu , mando parabéns pai arxentino,
onde a  auga é ouro
...e tí...o mesmo cós ríos...
es un prezado tesouro.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 18 de Xuño do 2023.
DOMINGO DIA DO PAI EN ARXENTINA
Para os que alí viven e quenes estàn noutros lugares... FELIZ DIA PIBES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario