martes, 13 de junio de 2023

FALA DE MIN

 

Dígoche a tí mentras estou viva
que fales de mín,
somente eu son quen de saber
e aínda así,
algunha vez non aprendo.
Fala de mín,
se non tes aloumiña que chegue a ti,
mándoche apertas de ben querer,
para seguir
coa túa voz que desexa ter
aquilo que eu vou facendo.
Fala de mín
se che falta tanta vida,
no meu sorrir
tamén as bágoas deben caer,
por gran latir que me foron acendendo.
Fala de mín,
se nada de ti tes que decir.
Fala de mín,
que eu por tí non vou mentir.
Dígoche a ti que falas de mín
que para oir chega con abrir,
por a contra, para calar
hai que ter honra de cerrar.
Fala de mín, fala de mín,
fala de mín,
así día a día amosas a verdade de tí.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 11 de Xuño do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario