viernes, 26 de mayo de 2023

LINGUA GALEGA

Estás na voz
para que non cales,
quérote na miña escrita
onde co mundo fales.

Levas valor no vento
a lugares onde tes morriña,
e coas verbas do alento
sementas eterna aloumiña.

Lingua pai, lingua nai,
lingua da terra e do mar,
por onde ti vas,
es alma, es fogar.

Raices e ramas
en todo aquilo que amas,
es ti dunha Galicia
que nin sol nin choiva apagas.

Camiño de sentimento
en cidade ou aldea,
que tamén no tormento
latexas ti, lingua galega.

Lingua pai, lingua nai,
lingua da terra e do mar,
por onde ti vas,
es alma, es fogar.

Estás na miña voz
porque presumo de entenderte,
e sinto honra
honra de saberte.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 21 de Maio do 2023.
Homenaxe as Letras Galegas que se celebran o día 17 de Maio. ♡





No hay comentarios:

Publicar un comentario