viernes, 6 de enero de 2023

UN NOVO DIA

Cada momento que temos
vaino marcando o destino,
aínda que nós mudemos
xamáis o fai o camiño.
Ise camiño que percorremos
con bos e malos motivos,
os cales ass veces non vemos
e outras amósanos aloumiños.

Despois dun ano, outro ven
comenzando un novo día,
coa grandeza que ti tes
e nos feitos de alma viva.
Coa chegada deste novo día
atesóuranse alentos tamén,
para aturar tristura e ledicia
que de mil maneiras están no teu ser.

Cada momento que vivimos
vaille dando corda ao destino,
aínda que nós paremos
sempre sigue o respiro.
Ise respiro que forxamos
sendo amiúdo compartido,
por todo aquilo que amamos
coa morriña dun pasado escrito.

Escrito cada novo día
nas letras que son semente,
na luz que non é ausente
e na voz de corazón e mente.

Despois dun ano, ven outro novo ano,
comenzado un novo día
un pasiño do destino.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 31 de Decembro do 2022.
..Que os vosos pasos non deixen de sorrir cada novo día....SAÚDE NO 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario