sábado, 14 de enero de 2023

ORGULLOSA E HONRADA

Moita xente temos na vida

no paso dos nosos días,

máis pouca ten a carica

de ser alento na lexanía.

Tantos para dar alegría

na hora das nosas cantigas,

máis poucos a valentía

de ser luz para noite fría.

 

Eu teño a honra querida

en cada intre que respira,

da fermosura sen malicia

de quenes son auga limpa.

Dou grazas por a familia

de sangue non compartida,

por o sentir de amiga

que está sen que lle pida.

 

Orgullosa sen despedida

da amizada que é viva,

dunha alma sempre espida

que de pureza vai vestida.

Orgullosa e honrada

dos amigos e familia,

de quenes estiveron,

están e estarán…

graciñas.

 

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega

En Taboada a 8 de Xaneiro do 2023

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario