lunes, 5 de diciembre de 2022

O LUGAR MÁIS FERMOSO PARA MIN


Onde sempre podo chorar e sorrir
sen apagar ningún feito ou sentir.

Onde aínda hai cinzas dun ir e vir
e nas fiestras reflexos do candil,
está o lugar máis fermoso para mín,
orgullosa de podelo compartir,
honrada de que esteas xunto a mín
para novos latexos deixar seguir.

O lugar máis fermoso para mín,
onde xamais hai que calar ou finxir
tecendo momentos que non teñan fin.

Onde tamén hai hora sabendo sofrir
e nas portas apertas de mandil,
está o lugar máis fermoso para mín 
orgullosa de quenes creeron en mín,
honrada de tanto amor sen fuxir
para novos alentos deixar sair.

Onde onte, hoxe e igoal mañá sí
está o fogar forxado por ancestros
...que viviron e viven en mín.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 4 de Decembro do 2022
( Nota: o mes de Decembro en Galicia tamén se lle chama mes de Nadal)

No hay comentarios:

Publicar un comentario