martes, 10 de mayo de 2022

DICÍAN DE TI

  

Dicían de ti por aí
que onde ibas xa non volvías,
e que levabas canto podias,
que todo escondías
ó paso das túas malicias
e que todo eran espiñas
ó roce das túas ventiscas.

Que pouco sabían,
que pouco entendían
das túas noites e días.

Que pouco sentían,
que pouco tiñan
das túas horas vivas.

Dicían de tí por aí
que nas esquinas xa non vías,
e que escapabas cando podías,
que todo o consumías
ó paso das túas visitas
e que todo eran desdichas
ó bico das túas delicias.

Que pouco sabían,
que pouco entendian
das túas noites e días.

Que pouco sentían,
que pouco tiñan 
das túas horas vivas.

Dicían de ti por aí
que nas alegrias xa non creías,
e que olvidabas cando querias,
que todo o destruías
ó paso das túas risas
e que todo eran mentiras
ó latir das túas caricias.

Que pouco sabían
quenes de tí dicían.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 8 de Maio de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario