domingo, 22 de mayo de 2022

CARTA

Aínda hai quen suspira
por recibir correspondencia,
cada día no buzón con ilusión mira
e coma sempre
só...recibos e propaganda.

Aínda hai quen respira
amosando tamén paciencia,
para escribir unhas letras sentidas
e coma sempre
enviálas nunha sinxela carta.

Carta que xa non se estila
sen deixar de estar viva.

Aínda hai algunha carta con alma,
aínda hai quen pon alma nalgunha carta.

Carta que xa non se estila
pero sigue tendo vida.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 22 de Maio de 2022.


      

No hay comentarios:

Publicar un comentario