domingo, 15 de mayo de 2022

AS NOSAS LETRAS

Letras que son toda unha vida
falan tamén estando caladas,
dunha Galicia sempre viva
amosada nas olladas.

Letras do mar, do rural
das nosas xentes amadas,
do meu pai e da miña nai
non se esquencen palabras.

As nosas letras galegas
xamais son esquencidas,
porque nelas todo hai
para escribir e falar.

As nosas letras galegas
co corazón de poeta
para vós hoxe van.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega
Desde Taboada-Lugo a 15 de maio de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario