martes, 18 de enero de 2022

NA COMPAÑA DO LOBO (16-01-2022)

Xa case se estaba facendo de noite
cando voltei de ver a miña amada,
e o chegar a un souto de carballo
por onde ía o camiño que pisaba,
notei como os pelos se me alporizaban.
Algo pasou xunto a min sen velo
pero notei como no pantalón tocaba,
por moito que mirei o meu redor
de verdade, que non vin nada.
Apurei un pouco máis o paso
porque o día xa non alumaba,
cando algo me fixo xirar
e atopar unha fermosa ollada.
Coma a cincuenta metros de mín
un gran lobo gris estaba,
non se movía, nin dicia nada
eu, somente latexaba.
Sen pensar no que facía
deille con medo a espalda,
e seguín de cara á aldea
mentras os pés apuraba.
Sabía e sentía que me seguía
máis eu non lle dei a cara,
e case chegaba a casa
cando oín a súa fala.
Non sei ben o que dixo
ou se non dixo palabra,
somente sei o que oín
e se me quedou na alma.
Co corazón moi alterado
cheguei á porta da casa,
nada habia xunto a mín
namentras os cans ladraban.
Nada díxen ó chegar
e funme direito a cama,
custoume poder dormir
sabendo da miña andaina.
Seguía o barullo dos cans
porque fora algo estaba,
eu daba voltas e pensaba
no lobo que me acompañara.
Sen querer debín durmir
nesa noite encantada,
agora coa luz do día
pareceume que soñara.
Había algo de terra
diante da porta da casa,
e nela unhas pegadas
que realidade daban.
""Non me teñas medo
soio che fago compaña,
quen non ten maldade
merece vida respetada""
Esas foron as verbas
que daquela escoitara,
hoxe están gardadas
na miña filla Ana.
Poida que fose un soño
ou tamén unha parvada,
pero foi realidade
que hoxe queda contada.
Quizáis foi un ensino
dises que ben abrazan,
para que niste mundo
a xente non sexa mala.
.....Ana Vila Portomeñe.....
         Poeta Labrega
        (Taboada-Lugo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario