lunes, 10 de enero de 2022

OLLADAS NO CORAZÓN 09-01-2022



OLLADAS NO CORAZÓN

(Homenaxe a Don Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao)

No mundo hai un camiño
que ten Os Ollos de Galicia,
con Doce Estampas de aloumiños
onde hai Memorias que se lembran.

Din, que Os Vellos Non Deben Namorarse
eu digo, que non teñan vergoña dos agarimos,
porque habendo Cruces de Pedra na Bretaña
sabemos que hai milleiros de motivos
nas Cruces de Pedra na Galicia.

Somos Nós, o alento que vamos vivindo
pero tamén as Cousas dos Dous de Sempre,
con Retrincos que van sorrindo
ou chorando nalgún calado Diario de 1921.

Somos Nós, espertando e durmindo
con verdadeiras olladas no corazón,
daquilo que vamos gardando e sentindo 
por quenes ainda están ou por quenes xa partiron.

Hoxe estas olladas do corazón
van adicadas a Castelao,
porque en Galicia, en Arxentina
e no resto do mundo.....
Alba de Gloria....queda.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 9 de Xaneiro de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario