domingo, 22 de mayo de 2022

CARTA

Aínda hai quen suspira
por recibir correspondencia,
cada día no buzón con ilusión mira
e coma sempre
só...recibos e propaganda.

Aínda hai quen respira
amosando tamén paciencia,
para escribir unhas letras sentidas
e coma sempre
enviálas nunha sinxela carta.

Carta que xa non se estila
sen deixar de estar viva.

Aínda hai algunha carta con alma,
aínda hai quen pon alma nalgunha carta.

Carta que xa non se estila
pero sigue tendo vida.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 22 de Maio de 2022.


      

domingo, 15 de mayo de 2022

AS NOSAS LETRAS

Letras que son toda unha vida
falan tamén estando caladas,
dunha Galicia sempre viva
amosada nas olladas.

Letras do mar, do rural
das nosas xentes amadas,
do meu pai e da miña nai
non se esquencen palabras.

As nosas letras galegas
xamais son esquencidas,
porque nelas todo hai
para escribir e falar.

As nosas letras galegas
co corazón de poeta
para vós hoxe van.

Ana Vila Portomeñe. Poeta labrega
Desde Taboada-Lugo a 15 de maio de 2022

martes, 10 de mayo de 2022

DICÍAN DE TI

  

Dicían de ti por aí
que onde ibas xa non volvías,
e que levabas canto podias,
que todo escondías
ó paso das túas malicias
e que todo eran espiñas
ó roce das túas ventiscas.

Que pouco sabían,
que pouco entendían
das túas noites e días.

Que pouco sentían,
que pouco tiñan
das túas horas vivas.

Dicían de tí por aí
que nas esquinas xa non vías,
e que escapabas cando podías,
que todo o consumías
ó paso das túas visitas
e que todo eran desdichas
ó bico das túas delicias.

Que pouco sabían,
que pouco entendian
das túas noites e días.

Que pouco sentían,
que pouco tiñan 
das túas horas vivas.

Dicían de ti por aí
que nas alegrias xa non creías,
e que olvidabas cando querias,
que todo o destruías
ó paso das túas risas
e que todo eran mentiras
ó latir das túas caricias.

Que pouco sabían
quenes de tí dicían.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 8 de Maio de 2022

domingo, 8 de mayo de 2022

RECITAL DE SETE NETOS

 


Nuevo Recital de SETE NETOS Folk Celta en el Centro Galicia de Bs.As!!!

Vamos a compartir una mágica noche de Música Celta en el Auditorio Valle Inclán del Centro Galicia (Bartolomé Mitre 2552, CABA)

Viernes 20 de mayo a las 20:30 

Entrada: $ 900

Reservas: alberneto@yahoo.com.ar                                                                                                               Te esperamos!!!


miércoles, 4 de mayo de 2022

MAMÁ

Que poido decirche, mamá
se ti me trouxeche á vida,
se todo en ti é sonrisa
e da pena fas alegría.

Que te quero ben o sabes
non fai falta que cho diga,
pois reñendo aínda
eres miña nai amiga.

Perdón si che pido
por se algo non é día,
e por non ser caricia
cando ó mellor debía.

Que poido decirche, mamá
se ti me deche tanta vida,
só...que sen ti non sería
nin tampouco sentiría.

QUÉROTE.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 1 de Maio de 2022.
      (Domingo dia da nai)