domingo, 28 de agosto de 2022

NON TEÑO MÁIS PARA DARCHE

 

Non hai riqueza na miña casa
nin luxos para adornala,
somente sinxeleza amada
que con agarimo é dada.

Non hai xoias na miña cama
nin seda que faga de sába,
somente quentiña manta
que con tenrura aperta.

Non teño máis para darche
que a alma que che canta
e a música que soa
do meu corazón amante.

Non hai fermosa palabra
nin unha riseira falsa,
somente sincera loubanza
que as veces ata dana.

Non hai beleza na miña cara
nin desexo de mudala,
somente a miña limpa ollada
que che fala namorada.

Non teño máis para darche
que a alma que che canta
e a música que soa
do meu corazón amante.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 28 de Agosto de 2022.

No hay comentarios:

Publicar un comentario