lunes, 1 de agosto de 2022

HOMENAXE A ROSALIA

    

Rosalía,
cos teus "Cantares Galegos"
dende as "beiriñas do Sar",
deche auga aos regatos
e vida alén do mar.
   
   Vai para ti esta homenaxe
   por alma, honra e coraxe.

Poemas, prosa ou cantigas
son parte dos latexos,
que alumean con alentos
para perdurar nos beizos.

   Na fermosa Galicia
   a fala é o galego,
   do pobo mariñeiro
   do pobo labrego,
   e as túas verbas, Rosalía
   soan por o mundo enteiro.

Na fermosa Galicia
hai lendas e contos estranos,
agochando "Ruinas"
soando campás nos "Domingos de Ramos",
e, levando botas azuis un cabaleiro
que ao teu paso quita o sombreiro.

Rosalía,
que revives como "Follas Novas"
sendo tamén "La hija del mar",
es bágoa e sorriso da terra,
ti, Rosalía,
fiestra da cultura popular.

   Vai por ti esta homenaxe
   por alma, honra e coraxe.

"Costumbres  Galegas"
dende "Padrón y las inundaciones",
de tanto amor
que tiveche e tes no corazón,
van para ti estas verbas
prezada e aprezada
Maria Rosalía Rita de Castro
tanto que legache ninguén o quita.

Grazas con humildade, orgullo e valor,
porque en nós,
en nós están os teus Airiños Aires.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 25 de Xullo do 2022.
Dia de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario