lunes, 22 de agosto de 2022

AGASALLOS DE ANA VILA PORTOMEÑE AOS MÁRTIRES GALEGOS

 ALEXANDRE BÓVEDA

A ferida por arma de fogo
L evou o teu corpo ás estrelas,
E merxendo sempre sen acougo,
X erando paz ao mesmo tempo
A túa alma de grandes verbas,
N adas da verdade e do traballo,
D eixas para Galicia un legado
R econfortando dende San Amaro
E spellos que soan con músicas ledas.

B enquerido galego noso
O rgullo do mar e das leiras,
V es sendo lealdade neste mundo novo
E ncamiñando leais apertas
D ebaixo da chaqueta coa bandeira do pobo
A mada tanto por ti, que bágoas quedan


Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 17 de Agosto de 2022.

Sinxelo homenaxe para Alexandre e familia, nunha data histórica en Galicia e alén dela. 

GALICIA MARTIR.

Enfados, represalias e morte
por distintos pensares e formas,
foron e son a sorte 
de barreiras con luz e sombras.

Todo niste mundo ten sur e norte
quizáis leste ou oeste sen normas,
máis somos seres dun forte
dun forte chamado Galicia
de feitos e verbas moi fondas.

Non hai heroes nin guerreiras
non hai salvadores nin libertadoras,
somente persoas verdadeiras
que deitadas ou dereitas
loitan por estas terras de amores,
esta terra chamada Galicia
onde traballaron arados e redes.

Apertas que nos chegaron e fixeron rir
bicos que non deron e deixaron chorar,
hoxe e sempre, Galicia ti
martir e renacente tódalas horas.

Corazón que nos alentas a vivir
paisaxe que latexas no andar,
hoxe e sempre, Galicia ti
martir e renacente de tantas honras.

Esta vida chamada Galicia
onde oes, comes, tocas, ules e ves.
Viva a nosa Galicia.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 17 de Agosto de 2022

...........................♡☆...............................

Na lembranza de todo mártir na Galicia, especialmente a familiares e amizades de Carmen Pesqueira Domínguez , A CAPIROTA.
Ogallá en ningún lugar exista dor por distinta razón, ideais, relixión, xénero, costumes, status, etc. Toda vida debe ser respetada e cada quen ser capaz de respetar a si mesmo/a e os/as demais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario